GALICIA
A Xunta traballa na prevención das enfermedades que lles afectan as mulleres do mar
A directora xeral de Relación Laborais, Elena Mancha, participou no encontro que a Xunta celebrou onte coa Asociación de Mulleres na Pesca (Anmupesca) sobre enfermidades laborais que afectan a redeiras, mariscadoras e percebeiras
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez participaron no obradoiro formativo que a Xunta de Galicia, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) e en colaboración coa Asociación de Mulleres na Pesca (Anmupesca), organizou para abordar as enfermidades profesionais das traballadoras do mar.
No acto, a directora xeral de Relacións Laborais incidiu na necesidade de adoptar medidas preventivas axeitadas para que os riscos que enfrontan as mulleres do mar non deriven en patoloxías de orixe profesional, sobre todo, de carácter osteomuscular.
Entre os riscos específicos desta actividade feminizada atópanse os sobreesforzos relacionados coa carga física asociada ao traballo. Tamén outros estreitamente vencellados coas condicións ambientais ou o uso de ferramentas ou equipos de protección persoal inadecuados.
“Iniciativas como o taller que hoxe celebramos serven para mellorar o coñecemento e a prevención destas patoloxías que teñen a súa orixe no traballo, incidindo na súa notificación e cobertura adecuada como o que son, continxencias profesionais”, indicou Mancha.
O Issga ten entre os seus colectivos prioritarios de actuación as mulleres do mar, entre as que se inclúen redeiras, mariscadoras e percebeiras. Cada ano desenvolve accións de sensibilización e asesoramento técnico co obxectivo de mellorar, sempre da man do colectivo, as condicións de seguridade e saúde laboral e facer prevención das patoloxías profesionais que lles afectan.
Mancha avanzou que a Xunta de Galicia está a elaborar un novo estudo de saúde laboral entre as redeiras. “Durante 2022 realizáronse as fases de identificación de riscos e valoración do estado de saúde mediante recoñecementos médicos específicos e durante o 2023 procederase á análise dos indicadores máis relevantes obtidos individualmente”, especificou. Unha vez rematados estes traballo, actualizarase a investigación para poder encaixar actuacións de sensibilización, información e formación adaptadas ás necesidades destas mulleres.
Pola súa banda, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, destacou a dureza do labor de profesionais como as mariscadoras e as redeiras e a necesidade de desenvolver medidas adaptadas á súa realidade e que teñan en conta as enfermidades profesionais propias da súa rutina de traballo. Nesta liña, salientou a importancia da celebración de encontros coma este para avanzar na protección dos dereitos destas profesionais e na igualdade salarial entre homes e mulleres, así como na mellora da conciliación da vida laboral e familiar.
No acto de hoxe participaron a Confraría de pescadores de Corme, a Asociación de mariscadoras Virxe do Carme de Arcade, Asociación de redeiras O Fieital de Malpica, Asociación de redeiras de Cariño, Asociación de mariscadoras Río Anllóns, Asociación de mulleres do mar de Poio, Asociación de redeiras O Cerco de Cangas, Confraría San José de Cangas, Asociación de redeiras Illa da Estrela de Corme, Asociación Mulleres Salgadas, Asociación de frigoríficos de pesca extractiva, a Confraría de San Telmo de Pontevedra e a Asociación Mar Seguro de Galicia.
O Goberno galego seguirá a traballar para prestar asesoramento ao sector e achegarlle recursos útiles e consellos para aplicar no día a día para garantir o benestar das traballadoras do mar.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126