Martes, 03 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 02 de Marzo de 2026 a las 20:03:27 horas

Redacción / Xornal21.es
Martes, 28 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

A Xunta inviste case 10 M€ para transformar a vella estrada entre Pontevedra e Marín

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, destacou esta mañá o investimento da Xunta de case 10 millóns de euros para transformar a vella estrada autonómica entre Pontevedra e Marín (PO-546) nun Eixe de mobilidade sostible que inclúa sendas peonís e ciclistas e que mellore a seguridade viaria da veciñanza.

 

“Damos un paso moi importante e fundamental para facer transitable unha zona que non o era”, enxalzou Rueda durante a presentación deste proxecto, do que puxo en valor que o obxectivo é humanizar esta vía de comunicación para que os peóns gañen terreo aos vehículos á vez que se realizan actuacións para mellorar a seguridade vial nesta estrada pola que transitan cada día ata 5000 vehículos.
 
 
Para iso, estanse executando as obras da primeira fase de remodelación da zona da Estribela en Pontevedra e o vindeiro mes licitaranse as obras para a segunda fase, cun investimento total de 1,35 millóns de euros neste treito. Ademais, tamén en abril vaise licitar o proxecto de execución de melloras nos 3,5 quilómetros que separan Os Praceres e Mollabao.
 
 
Deste xeito, destinaranse case 6,7 millóns de euros a mellorar a seguridade viaria con pasos de peóns máis seguros e beirarrúas máis anchas; remodelaranse paradas de autobús; habilitaranse sendas peonís e ciclistas e instalarase un miradoiro e zonas verdes.
 
 
Ademais, o Eixe de Mobilidade Sostible Pontevedra-Marín rematarase con novas actuacións nos treitos urbanos de Marín (1,12 millóns de euros de investimento) e a instalación dun aparcadoiro disuasorio en Pontevedra que terá 71 prazas de estacionamento e ao que se destinarán 510.000 euros. 
 

Remate entre finais de 2024 e principios de 2025

O mandatario galego apuntou que o obxectivo é que todas as actuacións estean rematadas entre finais de 2024 e o primeiro trimestre de 2025 para “unir definitivamente” dun xeito “humanizado” Pontevedra e Marín, xa que lembrou que estas vilas e as súas poboacións “sempre estiveron unidas, pero faltáballes unha vía que non fora só para vehículos e que contase con seguridade viaria”, concluíu.

 

Este tipo de actuacións de humanización de vías tamén se están levando a cabo nas cidades de Ourense e Santiago. Así, a Xunta promove a mobilidade sostible a través doutras medidas como as bonificacións de ata o 50 % no prezo dos autobuses urbanos; a tarxeta Xente Nova que permite que os menores de 21 anos viaxen gratis nese transporte; a instalación de aparcadoiros disuasorios ou a Estratexia Galega de Mobilidade que busca reducir un 30 % as emisións derivadas do transporte no 2040.
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.