O ROSAL
O Concello porá o nome de Juan Manuel Castro Martínez á Casa de Oficios
Foi aprobado en pleno estepasado xoves pola Corporación municipal, que tamén se sumarba á campaña da Iniciativa Lexislativa Popular a prol da regularización extraordinaria de persoas migrantes
O Concello do Rosal celebraba esta semana unha nova sesión plenaria na que se aprobará poñerlle o nome do ex xefe de obras do Concello, o xa xubilado Juan Manuel Castro Martínez, á Casa de Oficios. Trátase dunha iniciativa que buscaba “recoñecer o intenso traballo polo servizo público e o gran legado que deixou Juan no noso Concello, onde desempeñou as súas tarefas durante máis de 29 anos, nos que sempre estivo disposto a botar unha man e colaborar”, como explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
“Foi un gran traballador e unha gran persoa que sempre está dispoñible e activo para o que se precise. Por iso parécenos digno merecedor deste pequeno recoñecemento por parte do Concello do Rosal, o seu Concello, onde é un vello gran coñecido para moita xente”, destaca a rexedora.
Por outra banda, durante o pleno a Corporación municipal tamén aprobou o apoio á campaña da Iniciativa Lexislativa Popular ‘Esenciales’ para a regularización extraordinaria das persoas migrantes en situación administrativa irregular en España. Integrado por ducias de colectivos e redes migrantes organizadas e entidades sociais de diferente índole, o que busca esta iniciativa é regularizar ás entre 290.000 e 470.000 persoas sen papeis residentes en España, un terzo deles menores de idade. Como destaca este movemento popular, a irregularidade “é unha condena á explotación laboral, á invisibilidade ante as institucións, á desprotección xurídica e á exclusión de servizos públicos esenciais como a educación ou a sanidade”.
Coa aprobación desta moción o Concello do Rosal comprométese a promover a concienciación popular e a apoiar a recollida de sinaturas, así como a intensificar o seu compromiso cos dereitos e liberdades da veciñanza e coa loita “por unha cidade e unha sociedade máis xusta, equitativa, inclusiva e democrática”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184