Mos
O BNG de Mos presenta este sábado a súa candidatura para as municipais
Gustavo Barcia xa completou o seu equipo para as eleccións municipais do 28 de maio. O candidato do BNG á alcaldía de Mos desvelará este sábado, primeiro de abril, o nome das 25 persoas que conforman a súa lista nun acto que terá lugar na Sala Rebullón das Pedriñas, en Tameiga, ás 20:00 horas. Contará, ademais, coas intervencións do deputado no Parlamento Galego Luís Bará e da alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández. Será un encontro aberto a toda a veciñanza no que se exporán, ademais, as principais liñas do programa de goberno da formación nacionalista para o mandato 2023-2027.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136