Lunes, 02 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 02 de Marzo de 2026 a las 20:03:27 horas

Xornal21.es
Viernes, 31 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra entrega os premios Demo Day de “DepoEmprende na FP”

O Salón de plenos do Pazo provincial da Deputación de Pontevedra acolleu o Demo Day da sétima edición de “DepoEmprende na FP”, na que alumnos e alumnas de 6 centros da provincia –Vigo (2), Pontevedra (2), Gondomar (1) e As Neves (1)- presentaron os 8 proxectos emprendedores elixidos para participar neste certame, no que se repartiron 1.900 euros en premios.

 

A iniciativa “Brunch Café o Camiño” do CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) alzouse como gañadora na categoría de grao medio, que conta cun único premio de 700 euros. Trátase dunha proposta dun local de almorzos e xantares localizado na cidade de Pontevedra e baseado nunha cociña km 0, para garantir a calidade e a frescura de cada un dos produtos valorando a relación calidade-prezo. Pola súa banda, os premios para os proxectos de grao superior recaeron en “Mia Creativa”, do IES Montecelo (Pontevedra) – o primeiro premio, dotado con 700 euros- e en “Depoenxebre”, do IES A Guía (Vigo) – o segundo premio, con 500 euros-. A primeira delas é unha empresa especializada en deseño inclusivo que se centra no desenvolvemento dunha web accesible, identidade corporativa e deseño gráfico. A segunda trátase dunha iniciativa que ofrece unha ampla variedade de servizos baseados na socialización a través da actividade física, especializados na terceira idade.

 

Ademais dos tres proxectos gañadores tamén presentaron os seus proxectos o alumnado de ciclo medio do IES Plurilingüe Terra de Turonio (Gondomar), con “Verdeauga”, e o do IES Pazo da Mercé (As Neves), con “Itavia”. As propostas de grao superior foron “Furabolos”, do IES A Guía (Vigo), “Vending Automation”, do IES Politécnico (Vigo), e “Holics”, do IES Montecelo.  

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.