Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 01 de Abril de 2023 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Máis de 170 nenos e nenas de primaria achéganse á loita en Goián

Alumnado de centros escolares de Tomiño, Salceda de Caselas e Gondomar participaron nunha xornada deportiva coordinada por Agrudebam

Achegar a rapaces e rapazas a diferentes deportes. Ese é un dos obxectivos da Asociación Deportiva Baixo Miño, Agrudebam, que este pasado xoves reuniu no pavillón de Goián a máis de 170 nenos e nenas de 4º de primaria de Tomiño, Gondomar e Salceda de Caselas nunha competición de loita.


Na xornada participaron todos os centros escolares tomiñeses: o CEIP de Sobrada, o CEIP Plurilingüe de Tebra, o CEIP Barrantes, o CEIP Pintor Antonio Fernández e o CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán. Ademais, ata as instalacións deportivas tamén se desprazaron para participar alumnos e alumnas do CEP Altamira de Salceda de Caselas, así como do CEP Xosé Neira Vilas de Gondomar como convidados e convidadas.


Durante a mañá cativos e cativas puideron desfrutar desta modalidade deportiva nunha competición simultánea en catro lonas con variadas e divertidas probas por equipos. Así, unha das actividades que puntuaba era conseguir ‘Dar a volta á tortilla’, unha proba na que un dos ou das competidoras tiña que tentar darlle á volta completamente á persoa contrincante, que estaba colocada boca abaixo sobre a lona.


As e os participantes tamén loitaron de xeonllos no tapiz agarrados polos cóbados tentando derrubar á persoa rival sen soltar o agarre, xogaron a roubar un balón de baloncesto usando só as palmas das mans e pelexaron para expulsar ao compañeiro ou compañeira do tapiz cun escudo acolchado, empurrando á ou ao contrincante ata botalo do círculo marcado no chan.


Tamén xogaron a atrapar a cola do cabalo, unha proba na que as e os participantes saltan á lona cunha cinta colgada que o rival ten que tentar coller sen saírse do círculo nin agarrar ao contrincante pola roupa. As lista de probas da xornada remataba co Sogatira, unha actividade na que dous equipos de catro participantes cada un tiñan que agarrar unha corda e tirar dela ata conseguir que o equipo rival cedese terreo e acabara pisando unha liña horizontal debuxada no chan. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.