A GUARDA
O BNG rexeita a eólica mariña a menos de 30 km da costa da Guarda
Anxo Baz: “Non podemos consentir que as eléctricas se carguen a frota pesqueira e provoquen unha agresión ecolóxica e paisaxística de grandes dimensións nunha zona onde o turismo é un sector económico relevante”
O BNG leva a pleno o rexeitamento da instalación da eólica mariña a menos de 30 km da Guarda.
Os nacionalistas argumentaron que a eólica mariña e a defensa do sector pesqueiro non son compatíbeis, como se acreditou en Viana do Castelo, onde os mariñeiros denuncian que a zona quedou, literalmente, sen peixe, ou como se está demostrando co replantexamento que Noruega está a facer da eólica mariña pola grande afectación que está a ter sobre a súa pesca.
"Somos plenamente conscientes da necesaria transición ecolóxica" -afirman desde o BNG- p"ero ten que ser xusta e non a conta de destruír o medio ambiente e os recursos dos que vivimos".
Galiza duplica na actualidade os obxectivos marcados pola Unión Europa en produción de enerxías renovábeis para o 2030 e agora a maiores preténdese instalar no noso país o 43% da eólica mariña prevista para todo o Estado Español.
Trátase de que as grandes eléctricas sigan facendo caixa cos nosos recursos deixando sen medio de vida á xente do mar.
Anxo Baz, Portavoz Municipal do BNG na Guarda afirmou “ Pretenden colocarlle a etiqueta de verde ao que simplemente é un proceso de espolio e colonización enerxética . Non podemos consentir que as eléctricas se carguen a frota pesqueira ademais de provocar unha agresión ecolóxica e paisaxística de grandes dimensións nunha zona onde o turismo é un sector económico relevante”

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141