Sábado, 11 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 01 de Abril de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

A Xunta destina 300.000 € á redacción do Plan doparque empresarial de Arrufana

Permitirá a ampliación do solo industrial en Mos en preto de 480.000 metros

A Xunta de Galicia redactará os plans estruturantes de ordenación de solo empresarial (PEOSE) para a ampliación do solo empresarial en Mos desenvolvendo o novo parque empresarial de Arrufana en Louredo.


Así o autorizou onte o Consello de Administración da empresa pública Xestur, que autorizou licitar o contrato para a redacción do PEOSE do novo parque empresarial de Mos, que se emprazará en Louredo e terá unha superficie prevista de preto de 480.000 metros cadrados. A redacción do referido plan licítase por importe de 290.309,04 euros IVE incluído.


A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, incidiu na importancia que terá este desenvolvemento para poder responder á demanda de superficie industrial existente no concello. “Porque hai demanda e porque tan só restan escasas parcelas por vender no polígono existente, o de Veigadaña”, explicou a rexedora local mosense, que salientou que Mos é unhas das “áreas estratéxicas” sendo “o 4º municipio industrial da provincia”.


Por último Arévalo celebrou a confirmación de que “coa licitación do contrato para a elaboración do plan estruturante para o novo polígono de Arrufana por parte da Xunta de Galicia, Mos seguirá crecendo empresarialmente, en emprego e en economía”, e crecendo como “territorio de oportunidades”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.