Domingo, 12 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 02 de Abril de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Anteproxecto para completar a mellora da Estrada Pereiras-Tameiga

Esta semana celebrouse unha reunión coa veciñanza sobre as cesións necesarias para esta senda que dá continuidade ao Plan Mos Humanizado

Esta semana realizouse, no Multiusos das Pozas, por parte da alcaldesa de Mos, demais membros do equipo de goberno local e técnicos redactores do documento, a presentación do anteproxecto de finalización da mellora da Estrada Pereiras-Tameiga.


Para a xuntanza convocouse aos veciños propietarios de terreos aos que lles influirá a obra, tras terse comprobado o ámbito de afección coa realización dun levantamento topográfico. Na reunión tratouse tamén sobre os trámites necesarios para a cesión de terreos.


Co estaquillado realizado durante o levantamento topográfico marcáronse as cesións necesarias para completar a mellora da Estrada Tameiga-Pereiras.


Realizouse unha medición pormenorizada, para así poder, agora, celebrar esta reunión coa veciñanza na que se lles indicou en detalle o trazado exacto da nova senda e o seu deseño definitivo.


Esta nova senda peonil dará continuidade ao Plan Mos Humanizado e irá precedida da remodelación da contorna da Capela de San Eleuterio.


Que se completase a humanización da estrada Pereiras-Tameiga era unha importante demanda veciñal, de ahí que as reunións cos veciños da zona, de cara a tratar o trazado exacto da nova senda, comezaran xa hai máis dun ano. A primeira das xuntanzas coa veciñanza para explicarlles o proxecto realizouse o 1 de decembro de 2021 no Multiusos das Pozas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.