GALICIA
Rueda enxalza que Galicia rexistrou un déficit dúas décimas por debaixo do previsto
Salienta que este control do déficit permitiu un endebedamento de 210 M€ inferior ao estimado no orzamento
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, exalzouesta semana o feito de que Galicia mellorou o déficit marcado no orzamento, xa que apuntou que se situou nun 0,4% do Produto Interior Bruto, “o que supón dúas décimas menos do límite previsto”. Ademais, subliñou que a comunidade rexitrou unha ratio débeda/PIB do 17,2%, “tres décimas por debaixo do previsto, o que supuxo aforrar 210 millóns de euros, en canto a capacidade de endebedamento”.
O mandatario galego explicou estes datos, recollidos no informe presentado hoxe ao Consello da Xunta polo titular da Consellería de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, sobre o avance do peche do exercicio 2022. Sobre o mesmo, Rueda puxo en valor que reflicte que “Galicia é a comunidade autónoma que menos incrementou a débeda desde o ano 2009, segundo os datos oficiais do Banco de España”.
Ademais, destacou que tamén recolle que a Administración galega continúa “entre as comunidades que antes paga aos proveedores, 10 días antes que a media”. En concreto, explicou que foi a segunda que aboou máis rápido os seus compromisos no ano 2022, “nunha media de 14,9 días, fronte ao 25,2 do conxunto das administracións autonómicas”.
Recuperación PIB prepandemia
Rueda lembrou que Galicia recuperou no cuarto trimestre de 2022 o nivel do PIB da prepandemia, “con varios trimestres de antelación á media de España., cando hai comunidades que aínda non o teñen recuperado”, contrapuxo. Tamén salientou o feito de que a economía galega medrou un 3,8 % o ano pasado, “dúas décimas por riba do previsto”, remarcou.
Finalmente, en termos de emprego, o presidente da Xunta salientou que no conxunto do ano 2022 creáronse preto de 22.000 postos de traballo equivalentes a tempo completo (PTETC), polo que aumentou un 2,2 % con respecto ao anterior exercicio, o que tamén permitiu superar o número empregos da economía galega antes da pandemia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.102