Viernes, 19 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 06 de Abril de 2023 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Completado o trámite de avaliación ambiental da futura depuradora de Salvaterra

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático informou de forma favorable o proxecto ao non prever efectos significativos sobre o medio ambiente

A Xunta de Galicia acaba de emitir informe ambiental favorable sobre o proxecto para construír unha estación depuradora de augas residuais (EDAR) no río Mendo co fin de mellorar as infraestruturas de saneamento no concello pontevedrés de Salvaterra do Miño.

 

Así, a resolución emitida pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (DXCACC) conclúe que non son previsibles efectos significativos sobre o medio ambiente e, por conseguinte, que non se considera necesario someter o proxecto a avaliación ordinaria.

 

Deste xeito, polo tanto, o Goberno galego dá por finalizado o trámite ambiental da futura estación depuradora —iniciado en xullo do ano pasado— polo que o Concello, como promotor do proxecto, poderá continuar coa súa tramitación.

 

Cómpre lembrar que no ano 2019 a Xunta e o Concello de Salvaterra do Miño asinaron un convenio de colaboración co fin de acometer unha serie de melloras no saneamento deste municipio, coa construción, concretamente, dunha EDAR no río Mendo así como dunha rede de saneamento na parroquia de Santa María de Oleiros.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.