Lunes, 13 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 09 de Abril de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

A semana que vén comezará a instalación do saneamento no Camiño da Coutada en Louredo

O tramo da nova rede do colector supera os 800 metros lineais de lonxitude

A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron  de que o Concello de Mos xa ten contratada e adxudicada a acometida das obras de “Saneamento no Camiño da Coutada-parroquia de Louredo”.

 

Trátase dunha obra íntegramente financiada con fondos propios municipais cuxo orzamento ascende a máis de 100.000 euros. 109.968,55 euros, para ser exactos.

 

Os representantes municipais Arévalo e Augusto anunciaron, así mesmo, que as obras necesarias para realizar o “saneamento no Camiño da Coutada-parroquia de Louredo”, indicadas para completar as redes de alcantarillado, iniciaranse a vindeira semana e permitirán que dita acometida de saneamento dea servizo á maxima extensión do Concello en xeral e da parroquia de Louredo en particular.

 

As obras consisten na canalización das diferentes tuberías de PVC destinadas á rede de saneamento incluíndo todas as operacións complementarias: excavacións, pozos, reposicións....

 

As obras obxecto do presente proxecto consisten na ampliación e mellora da rede de saneamento na parroquia de Louredo, co fin de chegar a todos aqueles lugares e vivendas do concello de Mos, que aínda carecen deste servizo. Levarase a cabo a execución de 807,04 metros lineais de saneamento no camiño da Coutada.

 

Entre as actuacións previa á obra proxéctase o corte e demolición de pavimento en todos os ramais, onde está previsto repor o firme na zona de apertura de zanxa. Procederase á excavación da zanxa e posterior recheo e compactación da mesma. Para a rede de saneamento instalarase un colector de PVC de Ø315 para dotar de saneamento ás vivendas situadas nos marxes das zonas obxecto dos traballos e que actualmente carecen del.

 

As obras permiten que o trazado do colector discurra por terreos de titularidade pública ou particulares co conseguinte permiso de paso.

 

O prazo de execución que se estima para a execucións das obra é de tres meses, incluíndo o estudo e preparación das mesmas. Dito prazo comezará a contar a partir do día seguinte ao da sinatura da Acta de Comprobación do Replanteo, entre a dirección de obra e a empresa contratista da mesma.

 

Pavimentación

Tras os traballos de acometida da instalación da nova rede de saneamento en Louredo procederase á reposición da zanxa con 20 cm de zahorra e 5 cm de mezcla bituminosa en quente.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.