Viernes, 20 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 09 de Abril de 2023 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Salceda formará a persoas desempregadas

A concellería de formación e emprego porá en marcha neste mes de abril, no CDL de O Torrón dúas formacións destinadas a orientar e formar ás persoas desempregadas para que melloren a súa procura activa de emprego.


A primeira delas denominada “Trámites SPEG e SEPE” se desenvolverá o 14 de abril dende as 10:30 e terá unha duración de 2 horas. Na mesma tratarase de informar as persoas participantes dos trámites administrativos máis habituais que teñen que realizar como desempregadas dende solicitar cita, renovar a demanda de emprego ata obter o certificado da súa vida laboral.


A segunda das accións formativa denominada “Inscrición en portais de emprego e ETT´s se celebrará o 21 de abril dende as 10:30 e contará igualmente con 2 hora de duración. Nesta acción tratarase de formar ás persoas participantes para que poidan aprender como rexistrarse nos diferentes portais de emprego e nas empresas de traballo temporais e poidan así planificar e incrementar as posibilidades de éxito na súa procura de emprego.


Verónica Tourón alcaldesa e concelleira de emprego e formación: “A formación na procura de emprego é unha excelente ferramenta para as persoas desempregadas que ten como finalidade que poidan atopar empregos adaptados as características dos seus perfís laborais á maior brevidade posible. Dende o concello apostamos por estas actuacións para mellorar a capacidade de inserción laboral das persoas no mercado de traballo”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.