Sábado, 21 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 07 de Abril de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Sthela Táboas e Celia Alonso números dous e tres do PsdG PSOE do Porriño

A asamblea local do PSdeG-PSOE do Porriño ratificou por unanimidade a candidatura socialista ás eleccións municipais de Maio de 2023. O candidato agradeceu a confianza das bases socialistas e afirmou que “hoxe poñemos en marcha un novo PSOE, un PSOE renovado e cun equipo con capacidade, compromiso social con Porriño. Unha lista que incorpora xuventude e experiencia e un alto compromiso coa veciñanza.”

 
 

Alonso presentou a candidatura socialista á militancia onde destaca unha maior presenza femenina, con tres mulleres entre os 5 primeiros postos. Tras o candidato socialista, licenciado en dereito David Alonso, destacan, en 2º lugar, a periodista e profesional sanitaria Sthela Táboas González, en 3º lugar á docente e orientadora laboral Celia Alonso González, en 4º lugar a emprendedora e profesional do sector comercial Alba Romero Pereiro. O 5º lugar o ocupa o actual concelleiro socialista Sergio Quintas Casal, que foi responsable de Servizos e Medio Ambiente no anterior gobernó local. O sexto lugar será ocupado por Juan Carlos Domínguez Faro, miembro de la Comunidad de Montes de Torneiros, o séptimo posto pola veciña de Atios Tania Besada Domínguez profesional sanitaria e técnica de farmacia e o 8º posto, por Ángel Martínez de Budiño, técnico oficial de xestión ambiental e de xardinería.

 

.Alonso destacou as virtudes da candidatura que presentou, da que afirmou que “é unha lista plural, paritaria e que aposta pola diversidad, a integración e a inclusión social.” na que destacou a incorporación do secretario provincial de discapacidad Israel Mercader o o primeiro representante do colectivo xitano porriñés nunha candidatura socialista, David Jiménez Romero.

 

A lista, se completa con representantes de diferentes parroquias e colectivos, na que destacan os ex candidatos socialistas Celso Fernández Maceira ou Iván Vaqueiro, ou Carlos Díaz ex presidente do Club Porriño Industrial e concelleiro na primeira lexislatura da democracia. A lista a pecha Adoración Carrera Castro, unha das fundadoras da Fundación Érguete, xunto con Carmen Avendaño.

 

A asamblea ratificou tamén o candidato socialista á Entidade Local Menor de Chenlo, Helder Gonçalvez Barreiro, unha aposta por un candidato novo para impulsar un cambio socialista tamén nesta administración supramunicipal.

 

A candidatura socialista será presentada aos porriñeses nas seguintes semanas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.