Martes, 14 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Martes, 11 de Abril de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Mos contará co seu primeiro Bacharelato Internacional no municipio

Los Sauces implantará esta opción o vindeiro curso

No ano escolar 2023-2024 o centro mosense ofertará 24 prazas para alumnado interesado en decantarse por esta modalidade

Esta mañá a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou o Colexio Europeo Los Sauces, onde o seu director, Alberto Álvarez Ferreira, e o coordinador do BI (Bacharelato Internacional), Albino Pombo Rodríguez, espuxéronlle o novo proxecto que porán en marcha o vindeiro curso escolar, consistente en ofertar, ademáis dos itinerarios clásicos de Bacharelato, o Bacharelato Internacional; primeiro centro que ofrece esta posibilidade á rapazada interesada en cursala, xa que a opción existente no tamén mosense O Castro British School consiste no Modelo Británico. Actualmente o Colexio Los Sauces conta cun total de 700 alumnos/as.


O programa do Diploma do IB do Colexio Los Sauces céntrase na preparación do alumnado para a edcación superior e a participación activa nunha sociedade global. O tronco común do programa do Diploma baséase en tres piares básicos: esixe que os alumnos realicen unha investigación independiente, aplica a teoría do coñecemento para un enfoque coherente á aprendizaxe; e fai fincapé na creatividade, actuvidade e servizo contribuíndo a que o alumnado desenvolva a súa propia identidade, para o que se propoñen iniciativas de voluntariado nas que os mozos e mozas fagan un servizo colaborativo coa comunidade en compromiso e reciprocidade e en base e resposta a unha necesidade verdadeira.


O BI impártese en máis de 5.000 colexios nos 5 continentes e dá acceso a universidades de todo o mundo. Impártese en 3 idiomas, español, inglés e francés e inclúe a opción de estudar, como asignaturas, ata 55 linguas. O perfil do estudante de IB, segundo explican desde Los Sauces, é indagador, informado e instruído, pensador, bo comunicador, reflexivo e de mentalidade aberta. Tráballanse os contextos locais e globais, foméntase o traballo en equipo e a colaboración, e a eliminación de barreiras. A metodoloxía apóiase na mentalidade internacional e dálle gran importancia ás habilidades sociais e de autoxestión. Nel estúdanse un total de 6 asignaturas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.