PROVINCIA DE PONTEVEDRA
Aparición das primeiras manchas de mildio nas viñas
O centro fitopatolóxico da Deputación recomenda iniciar a revisión dos predios ante as condicións de inestabilidade que anuncian as predicións meteorolóxicas
A Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación de Pontevedra advirte da aparición das primeiras manchas de mildio en viñas tralas revisións realizadas polo seu persoal que confirmaron a alerta realizada por persoas técnicas e viticultoras. O centro recomenda iniciar a revisión dos predios ante as condicións de inestabilidade meteorolóxica e, no caso de non facelo, tratar as viñas nos momentos en que as condicións climatolóxicas o permitan. A viña debe estar seca (pódese engadir un mollante para facilitar a adherencia do funxicida) e non debe haber ventos de velocidade superior a 3 m/s (10,8 Km/h) para que o produto non sexa arrastrado fóra da viña.
Ante as predicións previstas para estes días, con alternancia de choivas e períodos de claros e tendo en conta que a primavera é unha estación onde a situación pode variar con facilidade, a EFA recomenda estar alerta ás previsións diarias e iniciar a revisión. En caso de non facela, será preciso tratar as viñas nos momentos en que as condicións climatolóxicas o permitan.
O centro asegura que aínda que nestes días aparecerá a primeira mancha en todos os predios, as condicións de desenvolvemento da vexetación ou de aireación poden variar.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101