TUI
Vontade realiza terapias cos nenos e nenas da Comarca do Baixo Miño
O programa de Programa de Atención Temperá oferecido por Vontade é posible grazas a cofinanciación da Xunta de Galicia 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), destinado as subvencións para a realización de programas de interese xeral con fins de carácter social e xestionado pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI)
Na Mancomunidade do Baixo Miño, existe o recurso de atención temperá para menores de 6 anos, este conta con profesionais das áreas de Psicoloxía, Logopedia e Fisioterapia. Dende Vontade, apoiamos e complementamos este recurso poñendo a disposición das persoas usuarias o servizo de Terapia Ocupacional. Por outra banda, e gracias a esta cofinanciación, no centro de recursos Vontade, cóntase con profesionais da Psicoloxía e do Traballo Social entre outras, para poder dar continuidade ás terapias unha vez que os nenos/as acaden os 6 anos de idade.
A súa base fundaméntase en ofertar unha atención especializada á infancia que presente dificultades do desenvolvemento ou con risco de padecer discapacidade. Búscase acadar a máxima autonomía da infancia que acode ao servizo, realizar un acompañamento psicosocial e de asesoramento ás súas familias, sen deixar de lado a importancia da sensibilización e concienciación social, actividade fundamental para acadar unha cultura inclusiva.
Tódalas terapias que se ofertan dende Vontade, realízanse dende unha metodoloxía baseada no xogo, e se traballa de maneira coordinada, entre as profesionais e os diferentes axentes sociais, destes, destaca a coordinación cos centros educativos, para así poñer en concordancia as líneas de actuación e acadar mellores resultados.
Para poder levar a cabo este servizo individual e especializado, conta coa financiación de 35.637,14€ da Xunta de Galicia procedentes da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF, a cal é xestionada dende COGAMI.
Dende Vontade, agradecen a todas as persoas que marcaron, marcan e marcarán a X Solidaria na declaración da renda, no recadro “Actividades de interese xeral consideradas de interese social”, xa que grazas a elas pódense realizar e dar continuidade a proxectos desta índole e asegurar desta maneira, obxectivos como o de fomentar o acceso a servizos especializados en zonas rurais. Tamén animan a seguir facéndoo, xa que moitas das persoas que acoden a servicios cofinanciados por esta iniciativa, non poderían acceder a unha vida digna sen un apoio externo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.235