Galicia
O DOG publica o nomeamento de máis de 200 novos funcionarios de carreira
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica nesta semana a resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública pola que se nomean 205 novos funcionarios de carreira da Xunta de Galicia, en concreto na Agrupación profesional de persoal subalterno.
Unha vez publicada a resolución de nomeamento, os novos funcionarios disporán do prazo dun mes, que comeza a computarse a partir do día seguinte ao da publicación no DOG, é dicir, mañá xoves, para tomar posesión dos postos que lles foron adxudicados.
Os actos de toma de posesión supoñen a parte final dun proceso selectivo. A medida que os procesos selectivos van concluíndo, a Administración convoca os actos de elección de destino para que as persoas aspirantes que superaron ditos procesos poidan elixir un destino entre todos aqueles que se lle ofertan e finalmente tomar posesión.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180