Galicia
O pasado ano naceron máis de 180 novos exemplares de píllara das dunas
A Xunta constatou o nacemento de máis de 180 novos exemplares de píllara das dunas en 2022 ao abeiro do plan de recuperación desta especie, segundo dixo esta semana a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo.
Durante unha xornada técnica celebrada sobre medidas de manexo da poboación nidificante desta especie dirixida a axentes facultativos ambientais, vixiantes de recursos naturais e persoal técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Do Campo explicou que 141 polos naceron en niños localizados nas praias galegas e os restantes 41 son resultado do programa de conservación ex situ que se desenvolve nos centros de recuperación de fauna silvestre de Oleiros e Cotobade. Segundo lembrou a directora xeral, esta iniciativa consiste na recuperación de niños ameazados por preamares, abandono ou unha elevada presión humana na praia.
A maiores deste programa de cría en catividade, o plan de recuperación da píllara das dunas inclúe outras actuacións de cara a aumentar o éxito reprodutor desta especie como a protección de niños mediante parcelas de exclusión ou a implantación de medidas de control de depredadores. De feito, dos 90 niños que se protexeron no ano 2022 instaláronse parcelas de exclusión en 87 e nos restantes só foi necesario establecer un perímetro amplo para evitar o acceso de persoas.
Por outra banda, no que atinxe ás medidas de conservación e manexo do hábitat, a directora xeral incidiu na importancia de realizar balizamentos temporais en áreas críticas de nidificación, especialmente na época reprodutora da especie -entre o 15 de marzo e o 15 de xullo-. O obxectivo desta actuación é evitar perturbacións que impliquen o abandono temporal do niño.
Logo de agradecer aos profesores Jesús Domínguez e María Vidal da Universidade do Santiago a súa implicación coa conservación da píllara das dunas e a súa iniciativa de organizar a xornada técnica desenvolvida hoxe, Do Campo reiterou o compromiso do Goberno galego de garantir a preservación desta especie e dos seus hábitats e lembrou que a poboación galega da píllara das dunas é a única existente en todo o sector cantábrico-atlántico español.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180