Galicia
Boa evolución do proxecto de recuperación dunha planta ameazada en Corrubedo
Ángeles Vázquez pon en valor que esta floración supón un grande avance de cara á recuperación dunha especie que pode considerarse un dos elementos máis carismáticos da biodiversidade do sistema dunar deste espazo natural
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, comprobou a boa evolución do proxecto que desenvolve a Xunta coa Universidade de Santiago de Compostela para a recuperación da especie ameazada Iberodes Littoralis no Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.
Durante unha visita á zona na que se desenvolve esta iniciativa, a conselleira puxo en valor que a floración dos exemplares da especie reintroducida supón un grande avance de cara á recuperación dunha especie que pode considerarse un dos elementos máis carismáticos da biodiversidade do sistema dunar do parque.
Ángeles Vázquez explicou que para chegar a esta fase o equipo da USC, coa colaboración sobre o terreo de persoal do Parque, repoboou un total de 20 parcelas duns 3 metros cadrados de superficie cada unha en base a uns estudios previos que permitiron realizar unha selección das áreas máis idóneas para o desenvolvemento da especie e con maior idoneidade de hábitat.
Logo de subliñar que xermolaron ao redor do 30% das sementes implantadas e que floreceron moitos dos exemplares, a conselleira indicou que o seguinte paso deste proxecto consistirá en comprobar a capacidade das novas plantas para producir sementes viables que pechen o ciclo biolóxico da especie e aseguren a permanencia da especie na contorna. Cómpre lembrar que o último rexistro que se tiña desta especie databa do ano 2007, cando foran localizados pouco máis de 120 exemplares.
O Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán ten unha grande importancia na preservación do medio ambiente ao ser unha das principais zonas dunares de Galicia. De feito, alberga a maior duna móbil da Comunidade. Ademais, é fundamental o seu papel como receptor de aves migratorias e como zona de reprodución e invernada das mesmas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101