PROVINCIA DE PONTEVEDRA
Regades, satisfeito co “peso” da delegación de Pontevedra na Conferencia Municipal do PSOE
As candidatas de Cangas e Mondariz, Iria Malvido e Violeta Lois, manteñen unha intensa axenda de encontros con ministras e alcaldesas e co presidente do Senado
A delegación da provincia de Pontevedra presente esta fin de semana en Valencia para participar na Conferencia Municipal do PSOE volve coa satisfacción de ter despregado unha intensa axenda na que quedou claro o “peso político” da provincia de Pontevedra, onde o Partido Socialista goberna 21 concellos e a 600.000 das máis de 900.000 persoas. David Regades, secretario xeral provincial, afirma que o balance desta fin de semana é “moi satisfactorio”.
“Hai interese no Partido Socialista por coñecer as claves do éxito na nosa provincia, onde non só fomos quen de vencer ao PP nas Municipais, senón tamén nas dúas últimas Xerais”, afirmou un David Regades que subliñou que a clave deste éxito é a aposta polo benestar da xente, como vén de demostrarse coa nova Lei de Vivenda en tramitación, “que como xa estamos a ver, tampouco gusta ao PP”.
A presidenta do PSdeG e da Deputación, Carmela Silva, explicou que o próximo 28 de maio elíxese o modelo que a xente quere e se apostamos por concellos sociais, que transformen a vida da xente. Carmela Silva non dubidou de que o Partido Socialista ampliará a súa distancia cunha dereita que non quere progreso, senón retroceso e recorte de dereitos.
Abel Caballero volveu ocupar un espazo central hoxe na Conferencia Municipalista coa súa intervención diante dun auditorio que celebrou as súas propostas no eido dos Municipios Sociais e Solidarios. Tamén hoxe recordouse que foi definido por José Luis Rodríguez Zapatero como “o alcalde de España”. Alberto Varela, como alcalde de Vilagarcía e presidente da FEGAMP tamén tivo un peso destacado e recibiu recoñecementos pola xestión e transformación urbana que está a liderar.
David Regades explicou que o PSdeG-PSOE renova o 40% das candidaturas ás alcaldías nestas Municipais do próximo 28 de maio e, en representación desa forza renovadora quixo que estiveran neste cumio do municipalismo as candidatas de Cangas, Iria Malvido, e Mondariz, Violeta Lois, “dúas mulleres novas, con carreiras profesionais consolidadas e cun forte compromiso socialista que lles fixo dar o paso”.
Coa axuda do secretario xeral provincial puideron manter unha axenda de encontros coas ministras Isabel Rodríguez (portavoz do Goberno), Teresa Ribera (Transición Ecolóxica); as ex-ministras e candidatas tamén nestas Municipais, Reyes Maroto (Madrid) e Carolina Darias (Las Palmas de Gran Canaria). Ademais, conversaron e intercambiaron experiencias coas alcaldesas da Coruña, Inés Rey, e Lugo, Lara Méndez e co alcalde de Valladolid, Óscar Puente. Unha ronda que concluíu co presidente do Senado, Ander Gil, quen lles desexou moita sorte nas próximas Eleccións, recordando que mesmo el procede da política municipal e que comezou nun pequeno pobo burgalés.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170