Galicia
Xornada sobre intervencións en casos de persoas desaparecidas
A Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) acollerá nos días 3 e 4 de maio unha xornada sobre persoas desaparecidas. A iniciativa ten como obxectivo afondar no desenvolvemento dos protocolos de actuación ante a desaparición dunha persoa no medio rural.
O encontro está dirixido a persoal do Sistema integrado de protección civil e emerxencias, e dos corpos e forzas de seguridade, así como a toda a cidadanía interesada. Durante a primeira sesión, abordaranse o concepto de persoa desaparecida e as actuacións e recursos de distintas unidades e servizos. Na segunda xornada, realizaranse prácticas sobre a planificación e xestión dunha busca desde o posto de mando avanzado, exercicios con unidades caninas e con drons.
O prazo de inscrición ábrese mañá e prolóngase ata o 28 de abril. Ao remate do encontro, entregarase un certificado de asistencia. As persoas interesadas en asistir poden formalizar a inscrición a través do formulario de matrícula telemática dispoñible na web da Agasp.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208