GALICIA
A Xunta e a FEGAMP constitúen unha comisión para avaliar as súas competencias
Representantes do Goberno galego e da FEGAMP participaron no primeiro dos encontros para poñer en común as conclusións das dúas propostas co obxectivo de chegar a acordos sobre a prestación de servizos no eido local
Representantes da Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) constituíron esta semana a comisión técnica que avaliará os estudos de ambas entidades co obxectivo de clarificar as competencias das administracións autonómica e local. Na xornada de hoxe celebrouse a primeira das reunións deste grupo de traballo para establecer as actuacións a seguir.
A comisión técnica contrastará as conclusións de ambas propostas e así chegar a acordos, sobre todo nos ámbitos onde se detecta maior dificultade para clarificar as competencias como os servizos sociais, o mantemento de centros docentes e de saúde ou a atención ás emerxencias. Por parte da Xunta, presentouse o pasado decembro o Estudo sobre a delimitación competencial no ámbito da Administración Local de Galicia, elaborado no marco dun acordo coa Universidade de Santiago de Compostela (USC).
A Xunta avoga pola importancia de avanzar e dar pasos para chegar ao máximo acordo posible na maioría dos ámbitos. Trátase de, primeiro, valorar que competencias debe asumir cada administración e en que parte -Xunta, Goberno central, deputacións provinciais e entidades locais- e de forma rigorosa avaliar se cada unha está a asumir os seus compromisos, así como cuantificar canto custa a prestación de cada servizo e os recursos dispoñibles -en Galicia de media as contías son máis elevadas pola dispersión e o envellecemento da poboación-. En definitiva, a través desta comisión búscase evitar duplicidades coa finalidade última de garantir unha prestación eficiente dos servizos públicos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208