PROVINCIA
O salón de alimentación Salimat Abanca volve a Gourmets na súa 26ªedición
PARTICIPA CUN ESPAZO NO STAND QUE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL TEN NESTA FEIRA INTERNACIONAL DE ALIMENTACIÓN E BEBIDAS DE CALIDADE, A CAL SE CELEBRA EN MADRID DENDE HOXE E ATA O VINDEIRO XOVES
O Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, continúa promocionando a súa 26ª edición, a cal terá lugar do 8 ao 11 de xuño deste ano xunto á Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.
E para iso o certame continúa apostado pola súa presenza noutros eventos como unha das ferramentas máis efectivas para sumar novos expositores, xa que as visitas e participacións noutras citas achegan a metade dos novos expositores desta feira.
Así, estes días está a darse a coñecer entre os expositores e visitantes da Feira Internacional de Alimentación e Bebidas de Calidade, Gourmets, a cal celebra a súa 36ª edición desde hoxe e ata o vindeiro xoves en Madrid.
A feira galega acode a este evento baixo o paraugas da Xunta de Galicia, dispoñendo dun espazo no stand que a Consellería do Medio Rural ten neste certame e no que participan outras 28 empresas do sector agroalimentario. Unha presenza expositiva á que suman outras 23 entidades da cadea mar-industria no stand do que dispón a Consellería do Mar no salón madrileño.
Ademais, en Gourmets está presente un equipo da Feira Internacional de Galicia ABANCA encabezado polo seu director, Ricardo Durán, o cal non só atende aos visitantes, senón que está a realizar visitas a moitos dos expositores presentes.
Un cuarto de século como foro alimentario
Salimat Abanca está a dar a coñecer no seu espazo as vantaxes de participar nunha feira que cumpriu xa un cuarto de século como punto de encontro do sector alimentario e gastronómico e que nesta 26ª edición volverá poñerse ao seu servizo para xerar negocio, innovación e intercambio de coñecementos.
Así, potenciará as súas fortalezas a través dunha atractiva mostra e unha ampla programación na que destacarán os Encontros Internacionais de Compradores, ademais de showcookings, catas, presentacións e o seu espazo de novos produtos Alinova.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170