MOS
O sabor aMar chega a Mos
Esta fin de semana poderán degustarse na localidade mosense os petiscos chegados nas foodtrucks da Consellería do Mar da Xunta de Galicia
Esta vindeira fin de semana, os días 22 e 23 de abril, a foodtruck da Consellería do Mar da Xunta de Galicia “Galicia Sabe aMar” estará en Mos.
Trátase dunha iniciativa incluída na campaña da Consellería do Mar titulada “Galicia Sabe aMar”.
Esta actividade, promovida pola Xunta, percorre 260 municipios de toda España vinculados co Camiño de Santiago, e un deles é o de Mos. O percorrido por estes preto de 300 municipios españois faise con 4 foodtrucks que serven petiscos e tapas ás persoas que decidan achegarse ata eles.
Esta acción busca enxalzar e promocionar a excelencia do produto, as materias primas e a gastronomía de Galicia, ao tempo que rende homenaxe ao labor que realizan os profesionais das distintas cadeas de mar-industria.
As persoas interesadas en degustar estes produtos en Mos poden achegarse este sábado, día 22, en horario de 12 a 15 horas e 16.30 a 19.30 horas ao aparcamento municipal das Angustias (Sanguiñeda), onde estará unha das foodtruck. O domingo, día 23, estará no Centro Dotacional de Torroso de 12 a 15 horas e, pola tarde, no Centro Social e Deportivo de Guizán en horario de 16.30 a 19.30 horas.
![[Img #81508]](https://xornal21.com/upload/images/04_2023/2066_image_gallery.jpg)

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136