Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 19 de Abril de 2023 Tiempo de lectura:

Delfín Domínguez presenta os primeiros postos da candidatura socialista

A número 2 e o numero 3 serán a actual concelleira de emprego e veciña de Xinzo Vanesa Fernández, e Rubén Pérez sindicalista e veciño de Guláns

Delfín Domínguez reuniu un equipo que lle "achega solvencia, experiencia e coñecemento, para enfrontar con garantías os distintos retos que Ponteareas ten para os próximos anos".

 

Acompañando ao candidato socialista como número dous estará Vanesa Fernández, Licenciada en Filoloxía Hispánica, funcionaria da DGT cunha dilatada traxectoria na Administración Pública. Recentemente foi nomeada membro da Xunta Directiva da Asociación de examinadores de Tráfico. "Vanesa é un exemplo de muller empoderada, comprometida na defensa do servizo público e resolutiva nas súas obrigacións desempeñadas".

 

Como número 3 Delfín Domínguez contará con Rubén Pérez, un recoñecido sindicalista que na actualidade é o So Xeral da Federación de Industria de UGT na comarca de Vigo, por tanto, ten un amplo coñecemento do mundo laboral. "Rubén é unha persoa cunha dilatada traxectoria na defensa dos intereses e dereitos das persoas traballadoras, na negociación e no mundo asociativo. Ponteareas necesita moito diálogo e ser capaz de realizar proxectos con consenso e para iso ninguén mellor que Rubén", afirma Delfín Domínguez.

 

"Ponteareas necesita reactivar a economía pondo á disposición de forma urxente chan industrial, que permita a implantación de novas industrias, así como ordenar e dar seguridade xurídica as empresas existentes" sinala o candidato.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.