Martes, 16 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 19 de Abril de 2023 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

A caza de bruxas chega a Tomiño

Aporía Escénica subirase ao escenario do auditorio municipal de Goián (21 h) para amosar unha historia chea de horror, humor, emoción e plasticidade

A compañía Aporía Escénica sabe que habelas, hailas. Para amosarllo ao público subirase esta fin de semana ao escenario do auditorio municipal de Goián para representar ‘Soga e Cinsa’, un tríptico renacentista con 11 bruxas e en 101 minutos co que abordar a caza de bruxas en Europa dos séculos XV ao XVII para visibilizar o xenocidio que supuxo e a súa perversa conexión co desenvolvemento do sistema capitalista.

 

Farao nunha gran peza teatral na que a súa autora e directora, Diana Mera, mestura con mestría horror, humor, emoción, reflexión e plasticidade nunha sucesión de paisaxes inesperados que irrompen na escena para que expresen a súa danza esquecida, nunha peregrinaxe de sombras espectrais que procura as luces da xustiza e do recoñecemento.

 

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, convida a toda a veciñanza a gozar dunha noite de teatro con esta obra “que xoga cos tópicos pero con personalidade, cunha imaxe impactante que conquistará e sorprenderá ao público dende o inicio ao final, cunha historia absorbente e suxestiva”.

 

A obra representarase no auditorio municipal de Goián ás 21.00 horas e está recomendada para público a partir dos 13 anos. A entrada terá un prezo de 7 euros e poderá mercarse unha hora antes no despacho de billetes do auditorio.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.