Lunes, 29 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 20 de Abril de 2023 Tiempo de lectura:
TURISMO

Presentada a Festa da Lamprea de Arbo coma un reclamo turístico para Galicia

A festa acadou a declaración de Interese Turístico Internacional este ano en recoñecemento á súa antigüidade, singularidade, o seu valor cultural e gastronómico e o seu atractivo turístico

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta mañá na Cidade da Cultura na presentación da LXIII edición da Festa da Lamprea de Arbo, onde sinalou que esta celebración constitúe un gran atractivo turístico para Galicia, e que ademais conta coa declaración de Interese Turístico internacional desde este ano.

 

Esta festa tivo a súa orixe no ano 1961 cando un grupo de veciños e responsables de varios restaurantes e adegas de Arbo organizaron a I Festa da Lamprea para dar a coñecer este produto así como os caldos de uva albariño do municipio, hoxe acollidos á Denominación de Orixe Protexida Rías Baixas.

 

Dende entón, Arbo celebra ininterrompidamente a súa festa máis importante na que miles de asistentes abarrotan os restaurantes da vila e os puntos de degustación, para desfrutar das racións de lamprea preparada de distintas formas e dos mellores viños da zona.

 

 

 

 

A responsable de Turismo destacou que a Festa da lamprea de Arbo, se atopa plenamente consolidada con seus 63 anos de historia

 

 

 

 

Durante a presentación, a responsable de Turismo da Xunta destacou que a Festa da lamprea de Arbo, se atopa plenamente consolidada con seus 63 anos de historia. Nava Castro explicou que dende Turismo de Galicia se aposta pola promoción e mellora das festas de exaltación de produtos enogastronómicos, especialmente as declaradas de Interese Turístico, mediante a promoción e valorización dos produtos sostibles e de calidade.

 

“Deste modo, dende a Xunta apostamos polas celebracións gastronómicas tradicionais que xeran experiencias únicas no destino, como é o caso da Festa da Lamprea de Arbo, que ocupa un lugar moi relevante para o turismo na nosa comunidade”, sinalou.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.