Jueves, 16 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 20 de Abril de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Finalizan as II Xornadas Muller e Traballo do CIM de Mos

A Subcampioa Olímpica Teresa Portela protagonizou a sesión inaugral de onte

Esta tarde rematan as II Xornadas Muller e Traballo do CIM de Mos nas que onte participou Teresa Portela. As sesións que hoxe se desenvolverán no Pazo de Mos son O malestar que non ten nome a cargo de Águeda Gómez da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo. A conciliación en cifras. Logros acadados e retos por conseguir, por Tamara Miranda. Socióloga. Novas masculinidades e corresponsabilidade por Ramón Torrente. Psicopedagogo e axente de Igualdade. E Conciliación e corresponsabilidade dende o ámbito empresarial (charla). Para rematar, conclusión e peche da xornada.

 

Águeda Gómez Suárez, que falará sobre “O malestar que non ten nome: académicas en tempos de pandemia”. É Directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo. Profesora titular de universidade na área de socioloxía. Doutora en Socioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e licenciada en Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid, desenvolveu o seu traballo de investigación sobre cuestións relacionadas cos prexuízos de xénero na ciencia e a sociedade dixital. Dirixiu dezaoito investigacións como Investigadora Principal e publicou once libros.


Na xornada inaugural, celebrada onte 19 de abril, contouse coa presenza da medallista olímpica Teresa Portela e o presentador deportivo da TVG, Terio Carrera.


A primeira sesión da tarde de onte comezou ás 16:00 H cunha charla sobre dereitos laboráis, excedencia por coidado de fillos/as segundo homes e mulleres, excedencias por coidado de familiares dependentes, e reducións de xornadas a cargo da ponente Beatriz Lago (Avogada).

 

Ás 16:50 H falouse sobre a carga mental, síndrome BURNOUT: a tarefa invisible das mulleres, a culpabilidade e o benestar emocional, como afecta á saúde a carga mental, estratexias para repartir o peso do foga…. Conducirá a charla Fernando Tellería (Psicólogo).

 

Contouse tamén con intervencións institucionais a cargo de Elena Mancha, Directora de Relacións Laborais da Xunta de Galicia e de Nidia Arévalo, alcaldesa do Concello de Mos. E a máis esperada da tarde foi a intervención de Teresa Portela (deportista) e Terio Carrera (xornalista) sobre conciliación e corresponsabilidade: os valores e a corresponsabilidade, os valores que lle ensinamos aos nosos fillos/as coa nosa actuación, educar no modelo de corresponsabildidade, e métodos para evitar conflitos coas tarefas do fogar.

 

Teresa Portela, Subcampioa Olímpica en Tokio 2020. Primeira muller española en participar en 6 Xogos Olímpicos (Sydney 2000, Atenas 2004, Beijing 2008, Londres 2012, Río 2016, Tokio 2020) con 5 diplomas olímpicos, e una medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020 en K1 200 metros. Outro dos seus retos conseguidos foi compaxinar a súa carreira deportiva coa súa formación académica, graduándose no Grao de Fisioterapia e Diplomatura de Maxisterio de Educación Física. A todo isto, súmase a súa maternidade, a difícil tarefa de conciliar o traballo coa súa vida familiar.


Terio Carrera. Xornalista deportivo os últimos 34 anos. Traballa na TVG.


A primeira xornada culminou coa charla sobre muller e discapacidade: dobre discriminación no acceso ao traballo, da man de Laura Freiría.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.