GALICIA
A Xunta pretende acadar a neutralidade enerxética en 70 depuradoras de augas residuais
Galicia será pioneira en España na implantación desta Estratexia, que suporá un aforro con respecto aos 105 GWh anuais de gasto enerxético das depuradoras de máis de 10.000 habitantes, que supón un custo anual de entre 15 e 21 M€
O Consello da Xunta acordou esta semana o inicio da tramitación da Estratexia para acadar a neutralidade enerxética nas 70 estacións depuradoras de augas residuais urbanas de máis de 10.000 habitantes da comunidade autónoma, cuxo consumo equivale ao de 10.600 fogares. Para iso, procurarase a redución dos seus consumos e a xeración de enerxías renovables.
O Goberno galego impulsa así a folla de ruta da Estratexia para a neutralidade enerxética das depuradoras, que fixa como obxectivo que en 2040 o 100% da enerxía utilizada polas instalacións de augas residuais de máis de 10.000 habitantes de Galicia proceda de fontes renovables, que hoxe non achegan nin un 6% da enerxía consumida.
Deste xeito, a Xunta, a través de Augas de Galicia, adiantase ás políticas europeas en liña co Pacto Verde Europeo e á inminente implantación da nova Directiva sobre o tratamento de augas residuais urbanas, situando a Galicia como pioneira en España en iniciar a implantación da neutralidade enerxética nestas instalacións.
Para iso, a entidade hidráulica da Xunta desenvolverá un plan de actuacións que definirá e concretará as necesidades, obxectivos e directrices para acadar o desenvolvemento da Estratexia para a neutralidade enerxética nas estacións depuradoras urbanas de máis de 10.000 habitantes que hai en Galicia.
Tendo en conta os consumos actuais, a nivel global en Galicia, a implantación da Estratexia suporá un aforro importante dos 105 GWh anuais que consumen estas depuradoras urbanas na comunidade, o que equivale ao consumo enerxético total de 10.600 fogares e que, cos prezos do último ano, supón un gasto anual entre 15 e 21 M €.
A crise enerxética, a aposta pola xestión da auga máis eficiente e sostible e a adaptación as novas normativas emanadas da Unión Europea referendan o traballo da Xunta na adopción de medidas encamiñadas a ser más eficientes e a abaratar os custos na xestión da auga, que son obrigadas para ás administracións.
Na actualidade, en Galicia hai 148 depuradoras de augas residuais urbanas de máis de 2.000 habitantes, das que 70 son de máis de 10.000. Estas instalacións son xestionadas na súa meirande parte polos concellos e 28 plantas pola Xunta, a través de Augas de Galicia.
Elaboración da estratexia
A elaboración da Estratexia comezará pola análise exhaustiva dos diferentes aspectos das estacións depuradoras, tendo en conta o obxectivo de acadar a neutralidade enerxética nas instalacións de augas residuais urbanas ao máis tardar en 2040 nas 70 instalacións existentes actualmente en Galicia.
En concreto, a nova directiva europea que se está tramitando fixa como obxectivo para o 2030 que o 50% da procedencia da enerxía total anual utilizada polas ditas plantas de tratamento de augas residuais sexa de fontes renovables, representando o 75% no 2035, ata acadar o 100% antes do 31 de decembro de 2040.
A evolución dos custos eléctricos totais das plantas depuradoras xestionadas pola Xunta, tomando como orixe o ano 2020, non deixou de subir e acadou o seu maior pico ao longo do ano 2022. O incremento máximo porcentual, aínda que é moi variable dependendo do tamaño e tipoloxía da depuradora, oscila entre un 73% nas instalacións de Muros e o 375% na planta de Tomiño, situándose o incremento máximo de media en torno o 175%.
Desde o terceiro trimestre do año 2022 vense observando un descenso nos custos eléctricos ata tal punto que no primeiro trimestre do ano 2023, alcánzanse valores similares aos rexistrados a mediados do ano 2021, o que en todo caso son un 66,3% maiores que os do ano orixe 2020.
A Estratexia da Xunta xirará sobre dous pilares fundamentais: a redución de consumos que melloren a eficiencia enerxética destas depuradoras; e o incremento da xeración de enerxía renovable: fotovoltaica, eólica, hidroeléctrica ou coxeneración con biogás, segundo mellor se adapte a cada planta.
Actualmente a estimación da produción de enerxía renovable xerada nas depuradoras de Galicia ronda uns 6 GWh, polo que non supón nin un 6% da enerxía consumida polas depuradoras de máis de 10.000 habitantes.
O procedemento que se prevé seguir na Estratexia para a neutralidade enerxética nas estacións depuradoras suporá a planificación, definición e homoxeneización das auditorías enerxéticas periódicas nas instalacións de tratamento de augas residuais urbanas de máis de 10.000 habitantes, derivada da implantación da nova directiva, de cara á súa posterior realización e envío ás autoridades europeas.
Estudarase a viabilidade na implantación de sistemas de xestión da enerxía que sectoricen os diferentes procesos e proporcionen datos de consumo en cada etapa de tratamento destas instalacións, co fin de minimizar os consumos en cada etapa da planta e prever sobrecustos innecesarios. E incidirase tamén na análise dos distintos sistemas de enerxías renovables susceptibles de utilización nas distintas plantas, así como o tipo de consumo eléctrico e necesidade de achega de enerxías renovables nas distintas instalacións.
Definiranse, ademais, as directrices técnicas e de actuación no conxunto das plantas de tratamento de augas residuais para enfrontarse ao obxectivo de neutralidade enerxética. Tamén servirá para a análise normativa e legal da implantación e establecemento das medidas para a redución e eficiencia no seu consumo enerxético. Ademais recolleranse as actuacións a levar a cabo en cada instalación en canto a produción de enerxía renovable.
A Estratexia da Xunta para a neutralidade enerxética das estacións depuradoras permitirá impulsar o establecemento dun sistema centralizado de monitorización dos consumos enerxéticos das instalacións de máis de 10.000 habitantes cun sistema de indicadores que proporcione información sobre os rendementos enerxéticos, de cara ao control e á necesidade de envío de información ás institucións europeas.
Tamén se analizará a redución das emisións de gases efecto invernadoiro e en concreto do metano, que pode lograse coas medias de eficiencia enerxética e de instalacións de renovables que se planifiquen.
Un aspecto crucial na configuración da Estratexia global é a contribución tamén das plantas depuradoras das sete cidades galegas, mais a instalación de Guillarei (Consorcio do Louro) á xeración de electricidade verde. Estas depuradoras maiores de 100.000 habitantes son as únicas dotadas de dixestións anaerobias para a xeración de biogás, polo que a Estratexia para a neutralidade enerxética constitúe para as cidades unha oportunidade de avanzar no reto ambiental e de sostenibilidade, obtendo os concellos un maior grao de implicación e visibilidade de cara á cidadanía nos aspectos medioambientais.
Na Estratexia incluiranse programas de educación, concienciación e formación do persoal implicado, tanto das administracións competentes como das empresas concesionarias.
Tras o acordo de inicio da tramitación aprobado hoxe pola Xunta, o prazo estimado para a consecución da Estratexia para a neutralidade enerxética nas estacións depuradoras urbanas de máis de 10.000 habitantes de Galicia ascende a 21 meses.
No prazo de 3 meses elaborarase o prego para licitar o contrato de servizo para a realización dos traballos de definición da Estratexia, que recollerá a situación actual, as problemáticas existentes e as liñas de actuación a seguir.
Ademais, a curto prazo a Xunta ten previsto iniciar o camiño para avanzar cara á neutralidade enerxética, dando os primeiros pasos coa instalación de paneis solares nas estacións depuradoras de augas residuais que xestiona a administración autonómica en Alfoz, Ortigueira, Gondomar, Nigrán, Tomiño, Vilaboa e Pobra do Caramiñal. O investimento previsto nestes primeiros proxectos ascende a preto de 300.000 euros. Esta actuación encádrase dentro do proxecto Aqualitrans, financiado con fondos europeos no marco do programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal 2014-2020.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121