Vigo
Declarado de interese autonómico o aparcadoiro que dará servizo ao polígono de Balaídos
A declaración de interese autonómico atende á tramitación da solicitude do Consorcio da Zona Franca de Vigo, tras obter os informes favorables do Concello de Vigo e das administracións directamente afectadas
O Consello da Xunta aprobou onte a declaración do aparcadoiro de vehículos pesados na ligazón da Balsa, da VG-20 coa PO-10, que dará servizo ao polígono de Balaídos, no municipio de Vigo, como proxecto de interese autonómico.
O Goberno galego autorizou esta declaración de interese autonómico para os efectos previstos na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de Ordenación do Territorio de Galicia que implicará, tras a aprobación definitiva do proxecto, a declaración da súa utilidade pública e a adaptación do planeamento urbanístico.
A declaración de interese autonómico, de acordo á tramitación da solicitude do Consorcio da Zona Franca de Vigo a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, é necesaria para garantir a adecuada inserción no territorio das actuacións que constitúen o obxecto da proposta, a súa conexión coas redes e servizos correspondentes, sen menoscabo da funcionalidade dos existentes e a súa adaptación á contorna en que se localicen.
O Goberno galego dálle así o seu visto é prace á proposta, na coincidencia na súa contribución ao desenvolvemento das políticas autonómicas sectoriais de seguridade viaria e de operatividade loxística de mercadorías, e que inciden no desenvolvemento económico, social e territorial de Galicia.
O acordo adóptase tras obter os informes favorables do Concello de Vigo e das administracións públicas cuxas funcións puidesen resultar afectadas pola actuación, e emisión do informe preceptivo da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Cómpre lembrar que a autorización da declaración de interese autonómico realízase sen prexuízo de que para a redacción definitiva do proxecto construtivo, así como para a execución das obras pretendidas, deban considerarse as prescricións sinaladas polas distintas administracións informantes e solicitar cantas autorizacións sexan precisas, incluídas as demandadas no trámite de audiencia por algunhas das administracións consultadas.
O Executivo autonómico acordou tamén a designación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade como competente para a tramitación do procedemento de aprobación deste proxecto de aparcadoiro de camións, previsto executar ao sur do enlace da Balsa da VG-20 e próximo ao citado polígono de Balaídos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11