Domingo, 28 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 21 de Abril de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Areeiro recomenda volver intervir nas viñas

O Centro fitopatolóxico da Deputación advirte tamén da presenza da bolboreta do buxo e no caso da avelaíña das maceiras, recomenda a instalación de trampas para realizar tratamentos en función das capturas

A Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que recomenda realizar unha nova intervención nas viñas contra o mildio unha vez rematen estes días de choiva, en caso de que non se teñan renovado ata o momento os tratamentos contra este patóxeno. Tamén advirte da presenza da bolboreta do buxo e no caso da avelaíña das maceiras recomenda a instalación de trampas para realizar tratamentos en función das capturas.

 

As viñas, segundo sinala o aviso, presentan un estado fenolóxico de acios visibles, e o persoal do centro sinala que trala aparición a semana pasada das primeiras manchas de mildio en todas as comarcas e en case todos os predios, a maioría xa foron obxecto de tratamento. Esta semana, en xeral, non se teñen incrementado o número de manchas e estas estaban case curadas ou en fase de curación, aínda que tamén se observou algunha mancha aínda sen curar e algún que outro acio afectado. Diante das previsións meteorolóxicas, que anuncian precipitacións e temperaturas mínimas elevadas, condicións favorables ao patóxeno, Areeiro sinala que, en caso de non ter feito a renovación dos tratamentos, débese realizar unha nova intervención inmediatamente despois dos días de choiva, pois as choivas reducen o período de protección dos  produtos.

 

Sinala tamén que ao igual que todos os anos a principios de campaña, hai síntomas de erinose en case todas as viñas, que non é preciso tratar, e tamén síntomas evidentes, neste caso nalgúns predios, de ataque de caracois.  O centro tamén se refire a outros cultivos, como a maceira e advirte da presenza da avelaíña, e sinala que as poboacións desta praga poden variar entre predios aínda que estean próximos. Por este motivo, Areeiro recomenda a instalación de trampas en cada un para tratar segundo as capturas que se teñan e así evitar que haxa mazás con eirugas.


Así mesmo, lembra que nestes momentos as eirugas da bolboreta do buxo están ben desenvolvidas e, onde non se fixeron tratamentos, están a defoliar vorazmente o buxo. Tamén xa se observan crisálides nas sebes non tratadas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.