Sábado, 25 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 25 de Abril de 2026 a las 10:20:30 horas

Xornal21.es
Lunes, 24 de Abril de 2023 Tiempo de lectura:
TUI

As luminarias da EDAR de Guillarei substituídas por tenoloxía led

O Consorcio de Augas do Louro reduce así nun 60% o consumo eléctrico e en 8,5 toneldas as emisión e CO2 á atmosfera

[Img #81575]A instalación da EDAR de Guillarei, do Consorcio de Augas do Louro, vén de renovar os sistemas de iluminación, substituíndo todos os farois exteriores, tubos e proxectores existentes por outros de tecnoloxía led de baixo consumo. A actuación levouna a cabo Aqualia dando cumprimento ao acordo adquirido co Consorcio, que integran os concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui.


Esta renovación supón o cambio dun total de 639 luminarias nos diferentes edificios e nas zonas exteriores da Estación Depuradora de Augas Residuais, e con ela estímase que se acada un aforro do 60% no consumo eléctrico, á vez que se aumenta a vida útil das luminarias e se reduce a xeración de residuos, evitando así a emisión de ata 8,5 toneladas de CO2 á atmosfera.


A EDAR de Guillarei mellora así a súa sostibilidade e tamén a calidade da iluminación, aumentando a seguridade do persoal que desenvolve o seu traballo na instalación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.235

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.