GALICIA
Nova convocatoria de axudas para a creación de 30 novas casas do maior
O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle os requisitos para concorrer a esta convocatoria, que conta cun orzamento de case 2 millóns de euros
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a nova convocatoria de axudas para a posta en marcha de casas do maior en concellos de menos de 5000 habitantes nos que non haxa centros de día ou un servizo similar. O Executivo autonómico habilita unha partida económica de 1,9 millóns de euros para abrir ata 30 novas casas.
Deste xeito, destínanse 1,5 millóns de euros para o funcionamento diario dos centros e 450.000 euros para a súa adecuación. Ademais, para facilitar a xestión, a convocatoria contempla anticipos das axudas. No caso da partida para a preparación das instalacións, anticípase ata o 80% e a axuda para o desenvolvemento da actividade poderá adiantarse ata o 100% desde o día que se poña en marcha o servizo.
Así mesmo, unha das novidades que ten esta convocatoria é o aumento da subvención que reciben as promotoras das casas por asumir os desprazamentos das persoas maiores usuarias. Deste xeito, duplícase esta achega económica ao pasar de 5 euros por persoa e día a 10 euros.
As persoas ou cooperativas interesadas teñen un mes de prazo, contado a partir de mañá, para presentar as solicitudes. Deberán facelo por medios electrónicos a través do formulario electrónico dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
As casas do maior son servizos de atención diúrna totalmente gratuítos para os usuarios nos que se prestan coidados a un máximo de cinco persoas maiores de 60 anos ata oito horas diarias de luns a venres. Esta atención ofrécese con flexibilidade horaria e garantías de seguridade e calidade, posto que os seus responsables teñen formación ou experiencia profesional específica.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213