Viernes, 17 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 16 de Abril de 2026 a las 22:53:25 horas

Xornal21.es
Miércoles, 26 de Abril de 2023 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño disporá de dúas áreas para autocaravanas en Goián e na Seixo

Concello e Asociación Galega de Autocaravanas traballan para celebrar o encontro anual da entidade no municipio

Tomiño disporá de dúas áreas de aparcamento para autocaravanas en dous puntos diferentes do municipio, unha en Goián e outra no Seixo. A alcaldesa, Sandra González; o presidente da Asociación Galega de Autocaravanas, Manuel Fernández-Arruty; concelleiros e concelleiras municipais e outros tres membros da directiva visitaron a zona para autocaravanas que se está a habilitar en Goián e que estará dispoñible para o seu uso en breve.


Trátase dunha zona de situada no aparcadoiro creado preto da Escola de Música con 8 prazas sinalizadas que contará cos servizos necesarios para baleirar as augas grises de cociña e baño e as augas negras (WC), así como abastecemento de auga para poder encher o depósito e iluminación pública, ademais de axardinamento e arborado do perímetro. As obras de adecuación supuxeron un investimento de máis de 48.000 euros.


Xunto con esta zona que entrará en funcionamento nos vindeiros días, o Concello tamén habilitará unha área para autocaravanas no Seixo, no aparcadoiro situado fronte á policía local na Rocha. Nos vindeiros días comezarán as obras desta nova área, que terá 6 prazas e os mesmos servizos que a de Goián: baleirado de augas grises e fecais, abastecemento de auga e iluminación, axardinamento e arborado. Neste proxecto realizarase un investimento de 40.000 euros.


“Con estas novas zonas queremos facilitar a chegada de visitantes a Tomiño, xa que nos últimos anos o turismo de autocaravana consolidouse como un modelo de viaxe alternativo, con cada vez máis usuarios e usuarias que percorren dun xeito diferente moitas zonas rurais e urbanas”, destacou a rexedora. Sandra González salientou que deste xeito “fomentamos tamén unha nova actividade que permitirá continuar dinamizando a nosa economía”.


Concello e Asociación Galega de Autocaravanas traballan xa para celebrar en Goián o vindeiro encontro anual da entidade, que reunirá o vindeiro mes de xuño a máis de 100 persoas nestas novas instalacións para coñecer e gozar de Tomiño e da contorna. “Que o Concello incorpore estas dúas zonas para autocaravanas parécenos fundamental, porque é un atractivo máis para Tomiño e para Galicia. A xente que viaxa en autocaravaba é cada vez maior e organiza as súas rutas en función dos servizos que ten á súa disposición, polo que Tomiño estará nos plans de todas e todos os autocaravanistas. E nós estamos encantadas e encantados de que a xente veña, coñeza e gaste en Galicia”, resaltou Manuel Fernández-Arruty.


Con case 20 anos de vida, a Asociación Galega de Autocaravanas aglutina a 770 socios e socias e traballa nun proxecto lúdico e recreativo encamiñado a facilitar momentos de lecer, cultura e fraternidade entre as e os autocaravanistas de toda Galicia, intercambiando experiencias, promovendo o desfrute da contorna natural e reivindicando melloras nos servizos para os usuarios e usuarias que gozan con esta forma de viaxar.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.139

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.