Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 23 de Abril de 2023 Tiempo de lectura:
MONDARIZ BALNEARIO

Cristina Cid, alcaldesa de Allariz do BNG visita Mondariz Balneario

O candidato a alcaldía polo BNG, César Gil, xunto con parte da candidatura acompañou a visita da alcaldesa de Allariz pola vila termal, paseo que rematou nun coloquio co un numeroso grupo de veciños e veciñas da localidade. Cid fixo fincapé na necesidade de poñer en valor o patrimonio e a historia de Mondariz Balneario como factor diferencial para potenciar a economía local, e advertiu da necesidade de construír proxectos sólidos e realistas, a medio e longo prazo, que marquen como obxectivo mellorar a calidade de vida da veciñanza, gobernar  para a maioría no tempo, non con miras curtopracistas para non perder votos.


Pola súa banda César Gil destacou a necesidade dun cambio de rumbo no Concello. Mondariz Balneario leva parado no tempo máis de 20 anos e necesita un proxecto claro a curto, medio e longo prazo, un proxecto que reverta a situación actual e poña a funcionar o concello, comezando polo mais básico pero coa vista posta no futuro. O PP xa demostrou non ter capacidade nin ideas, o seu proxecto esta esgotado. A veciñanza xa coñece as súas mañas, estamos acostumados a propaganda electoral que logo queda en nada. O concello necesita xente honesta, que teña ideas e gañas para mellorar a vila.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.