Jueves, 09 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 26 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
Mos

Vitoria Alonso presentou a lista do PSdeG-PSOE de Mos

A  secretaria xeral do PSdeG-PSOE de Mos, Vitoria Alonso, foi elixida como candidata á Alcaldía polo conxunto dos militantes da agrupación socialista mosense en asemblea.

 

Segundo explicaron onte, a candidata tratou de transmitir aos seus compañeiros a súa idea de proxecto local cheo de ilusión e baseado "en devolverlle ao concello a vitalidade que lle foi arrebatada".

 

Unha por unha foi presentando ás persoas que integran a súa lista, que terá a Delfina Rodríguez Lorenzo, “muller experimentada e traballadora presente no último goberno socialista de Mos” no segundo lugar. A continuación, o concelleiro Alejandro Figueroa Expósito, veciño de Cela e Beatriz Vázquez Posada, “muller coñecedora da Administración” e veciña de Tameiga. Bruno Dutto Acuña será o seguinte na lista, “unha persoa capaz e que entende a importancia dos novos modelos enexéticos”; o concelleiro José Antonio Mantilla Fernández; Mónica Rodríguez González, veciña da parroquia de Sanguiñeda; José Ramón Alfaro Alonso, veciño da parroquia de Mos e actualmente presidente do Círculo Cultural Pazo de Mos; María Begoña Seijo Villar, veciña da parroquia de Guizán; Christian González Estévez, veciño da parroquia de Cela e secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Mos; Estefanía Carrera Martínez, veciña da parroquia de Dornelas; Manuel García Rodríguez e veciño da parroquia de Pereiras; Patricia Campos Veiga; Ramón Pintos Pérez; Carmen Lago Alvárez veciña da parroquia de Mos; Tomás Garcia Morgadas, veciño de Torroso “e que sen dúbida aporta experiencia a este equipo”; María Mercedes Vila Pampillón máis coñecida como “Chiche” e veciña da parroquia de Tameiga; Marcelino Giraldez e veciño da parroquia de Sanguiñeda; Patricia Pérez Ucha veciña de Cela. Pecha a lista un referente do socialismo neste concello, Raúl Francés, presidente da Agrupación Local. “Somos un equipo para gobernar para a xente e cambiar Mos”, destacou.

 

Segundo dixo, "levamos 10 anos de goberno da dereita onde o único que fixeron foi afogarnos cos impostos e agora din estudar a posibilidade de baixalos unicamente como venda electoralista".

 

A candidata puxo en valor o traballo dos compañeiros concelleiros e quixo resaltar o loable labor que fixo ata o momento a portavoz, Patricia Pérez, "quen foi un piar fundamental do Partido Socialista nestes últimos 4 anos".

 

Tamén agradeceu a confianza depositada nela por parte da militancia e asegurou que vai poñer o mellor do seu parte para lograr o cambio de goberno que fai falta en Mos.

 

Victoria Alonso presentou un equipo “pensado e preparado para gobernar Mos para a xente” e que levará a cabo todo aquilo que queda por facer no concello. O celebrado no Multiúsos das Pozas contou cun gran respaldo popular, enchendo por completo o local e dándolle calor a candidata coa asistencia de preto de 300 persoas. O acto tivo tamén o respaldo do secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE, David Regades, e o secretario xeral nacional, Valentín González Formoso.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.