Nigrán
Esquerda Unida de Nigrán presenta unha lista continuadora de Nigrán Decide
A candidatura esta formada por activistas sociais, culturais, sindicais e veciñais de Nigrán, ademais de candidatos e colaboradores de NIGRÁN DECIDE. Nos sete primeiros postos, ademais de José Cuevas, que encabeza a lista, están Betty Mireya León Fong, de Priegue, Catedrática de Física Aplicada da UVIGO, xubilada e activista social, impulsora da Plataforma Solidaria Didáctica do Val Miñor para dar apoio escolar durante a pandemia. José Manuel Figueroa Fajo, de Camos e Obreiro da automoción, continuando cos independentes Patricia Gómez Costas, de Chandebrito, traballadora no sector do ensino e implicada no movemento veciñal de Chandebrito e na integración de persoas discapacitadas, Ricardo Gil Valcarcel, de A Ramallosa, xubilado e Activista Cultural e Mercedes Cabreira Figueroa, de Panxón, traballadora de Servizos Sociais. Finalmente como sétimo está na lista Anxo Mosquera Nogueira. Nigrán. Mecánico maior naval. Ex- concelleiro de NIGRÁN DECIDE.
A candidatura presentada é diversa territorial e ideoloxicamente. Únelle unha metodoloxía de traballo baseada no consenso, e está conformada por 10 independentes. Do total de 20 persoas que figuran na candidatura, 14 xa figuraron nas listas de NIGRÁN DECIDE nas eleccións de 2015 ou de 2019, producíndose 6 novas incorporacións a dita lista, das cales 5 son independentes.
O funcionamento da candidatura que presenta Esquerda Unida a estas eleccións é o mesmo que o da coalición electoral NIGRÁN DECIDE, na que todos os acordos se toman en asemblea formada polos membros da candidatura e colaboradores independentes en igualdade de condicións. Ademais, entre os colaboradores da candidatura de Esquerda Unida están simpatizantes e antigos membros de PODEMOS, nacionalistas independentes, e a maioría de membros de NIGRÁN DECIDE, polo que se pode afirmar que esta candidatura que presenta Esquerda Unida, é continuadora do espírito e o programa de NIGRÁN DECIDE, afirma José Cuevas, cabeza de lista.
Para José Cuevas, é necesario na corporación de Nigrán, a presenza dunha oposición firme, crítica e construtiva, que traballe con rigor, en propostas serias e realizables, como nas que no seu día realizou sobre a nova biblioteca de Nigrán ou programa Xantar na Casa, que se levaron a cabo neste mandato, para que Nigrán avance aínda mais. Lamentabelmente, durante este mandato non existiu, finaliza Cuevas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163