GALICIA
Galicia convértese na primeira en vacinar contra o virus respiratorio sincitial
A adquisición desta nova vacina será licitada nas vindeiras semanas |Image licensed by © Ingram Image
Amplíase tamén a todos os lactantes a vacina fronte o rotavirus, que ata agora só se administraba gratuitamente a bebés prematuros
A Sanidade galega será a primeira do mundo que incorpore ao seu calendario vacinal a inmunización fronte ao virus respiratorio sincitial (VRS). Segundo estudos clínicos, este virus pode chegar a infectar ao 90% dos bebés menores de dous anos e causa bronquiolites e pneumonías que están na orixe de 1000 hospitalizacións (cunha estadía media de 6 días) e de máis de 10.000 consultas pediátricas cada ano en Galicia.
Tal e como publicou o New England Journal of Medicine, este anticorpo monoclonal fronte ao VRS evita en torno ao 80% das asistencias médicas relacionadas co virus e das hospitalizacións infantís causadas por bronquiolites ou neumonías.
Neste inverno, particularmente complexo, comprobouse o impacto que o VRS pode ter nos lactantes, unha poboación na que practicamente se duplicaron as hospitalizacións causadas por este virus. Á luz desas cifras, baseándose nas recomendacións dos técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública e do comite asesor de vacinas do Sergas e co aval da Asociación Española de Pediatría, comezouse a traballar na adquisición desta vacina desde o primeiro momento no que foi aprobada pola Axencia Europea do Medicamento.
A adquisición desta nova vacina será licitada nas vindeiras semanas pola Dirección Xeral de Saúde Pública. Así, esperase poder comezar a dispensala no outono deste mesmo ano, antes da época con maior impacto do virus respiratorio sincitial.
Ampliación da vacina fronte ao rotavirus Así mesmo, o Consello deu luz verde á ampliación da vacina fronte o rotavirus, que ata agora só se administraba gratuitamente a bebés prematuros, a toda a poboación infantil. Este virus provoca unha gastroenterite que afecta especialmente aos máis pequenos: o 85% dos hospitalizados por esta doenza teñen menos de 2 anos.
A incorporación destes dous preparados ao calendario vacinal infantil suporá un investimento anual de 5,1 millóns de euros, de xeito que a suma total que destina a Xunta a vacinas ascenderá a 34 millóns de euros anuais.
Galicia dá unha nova mostra, deste xeito, do seu compromiso coa inmunización e reforza un calendario vacinal infantil que xa é o máis avanzado e completo do mundo. Cómpre lembrar que en 2022 comezou a administrarse de xeito pioneiro en España, a vacina fronte ao meningococo B aos bebés a partir de dous meses de idade, ampliouse a protección fronte ao virus do papiloma humano a todos os nenos varóns de 12 anos e ofreceuse a antigripal tetravalente a todos os menores de 5 anos.
Que é o VRS?
O Virus Respiratorio Sincitial (VRS) é un virus común que afecta principalmente os bebés e nenos pequenos, aínda que tamén pode infectar a adultos. É a causa máis común de infeccións respiratorias graves en bebés e nenos menores de dous anos de idade. Os síntomas do VRS poden ser similares aos dun arrefriado común, como secreción nasal, tose, febre e conxestión. Con todo, nalgúns casos pode causar bronquiolitis (inflamación dos pequenos tubos de aire nos pulmóns) ou pneumonía (inflamación dos pulmóns), o que pode levar a unha hospitalización. O VRS propágase facilmente a través do contacto directo coas secreciones respiratorias dunha persoa infectada ou mediante obxectos contaminados. Non hai tratamento específico para o VRS que cure a infección, pero pódense tomar medidas para aliviar os síntomas, como o repouso e a hidratación adecuada.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101