MOS
Victoria Alonso sinala que a licenza da Cidade Deportiva da Afouteza "foi sempre cuestionada"
A voceira do PSOE de Mos, Victoria Alonso, di que a legalidade das licencias da Cidade Deportiva da Afouteza "foi sempre cuestionada, chegando a debater en diversos plenos, comisións e reunións sobre o que o concello estaba aprobando facer unha zona catalogada como forestal protexida. Tendo que escoitar por parte do goberno que tiñan interese en sacar a diante este proxecto fose como fose, e hoxe confirmase unha vez máis que estaban dispostos a cometer ilegalidades".
Alonso engade que "a alcaldesa non se pode esconder detrás dos informes dos técnicos para defender esta decisión, cando ela dixo que este proxecto ía saír si ou si, é dicir, que a súa postura foi clave. Este foi un proceso tenso, no que houbo moitas presións e xa levamos varios xuíces que falan de ilegalidade" sinala a portavoz socialista. Recordalle que "tamén hai técnicos que non apoian este proxecto pero que estase a escudar para non enfrontarse a realidade de que cometeu un delito e que elo a leva a ter unha queralle penal sobre a que terá que dar explicacións".
A socialista resalta o feito de que "os promotores levan meses saíndo na prensa con declaracións nas que afirman a súa indiferencia sobre as posibles sentenzas, deixando claro un posible trato de favor das administracións gobernadas polo PP que son as que apoian o proxecto". Engade que "nun intento de demostrar que están por encima da lei, continuamente falan de seguir construíndo, cando as licencias que teñen son ilegais e das futuras non se sabe nada".
Alonso solicita "unhas disculpas ante a veciñanza por parte da alcaldesa, que non persista no seu interese persoal de seguir a diante cunha iniciativa que ten nome e apelido". Resalta "a actitude totalmente fora de cabal da actual rexedora e afirma que non está capacitada para seguir a fronte do consistorio mosense, porque un xulgado xa decretou a ilegalidade das súas decisións".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136