TURISMO
Auxe na ocupación nos cámpings galegos
O ano pasado os cámpings galegos achegáronse ás 1,1M noites |Image licensed by © Ingram Image
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na Xornada sobre “Inversión e innovación no mundo do cámping”, organizada polo Banco Sabadell e que tivo lugar na Cidade da Cultura
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou o auxe da ocupación nos cámpings galegos que ofrecen un turismo tranquilo, de calidade e sostible. O ano pasado chegaron a máximos históricos, achegándose por primeira vez ás 1,1M noites.
Nava Castro participou na Xornada sobre “Inversión e innovación no mundo do cámping”, organizada polo Banco Sabadell e que tivo lugar na Cidade da Cultura, onde incidiu que este modelo turístico nos últimos anos está gañando cada vez máis adeptos.
Así, sinalou que Galicia é un paraíso para poder desfrutar dos máis de 151 cámpings porque ofrece un turismo tranquilo e non masificado en espazos abertos, así como tamén en contacto coa natureza que se adapta perfectamente ao modelo de turismo baseado na seguridade, a calidade e a sostibilidade.
“Este turismo seguro, de calidade e sostible que é o que máis se está a demandar trala pandemia é o que os turistas atopan en Galicia. Iso foi o que nos permitiu situar a Galicia en récords históricos de ocupación turística, logrando superar nun 40% as cifras do ano 2021”, rematou Nava Castro.
O ano pasado os cámpings galegos achegáronse ás 1,1M noites |Image licensed by © Ingram ImageA directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou o auxe da ocupación nos cámpings galegos que ofrecen un turismo tranquilo, de calidade e sostible. O ano pasado chegaron a máximos históricos, achegándose por primeira vez ás 1,1M noites.
Nava Castro participou na Xornada sobre “Inversión e innovación no mundo do cámping”, organizada polo Banco Sabadell e que tivo lugar na Cidade da Cultura, onde incidiu que este modelo turístico nos últimos anos está gañando cada vez máis adeptos.
Así, sinalou que Galicia é un paraíso para poder desfrutar dos máis de 151 cámpings porque ofrece un turismo tranquilo e non masificado en espazos abertos, así como tamén en contacto coa natureza que se adapta perfectamente ao modelo de turismo baseado na seguridade, a calidade e a sostibilidade.
“Este turismo seguro, de calidade e sostible que é o que máis se está a demandar trala pandemia é o que os turistas atopan en Galicia. Iso foi o que nos permitiu situar a Galicia en récords históricos de ocupación turística, logrando superar nun 40% as cifras do ano 2021”, rematou Nava Castro.



























Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149