NIGRAN
Nigrán abre o prazo para presentar ofertas aos quioscos de praia do municipio
Mantéñense o número de chiringuitos, os prezos e o periodo de explotación ata o 30 de setembro
O Concello de Nigrán abre ata o 18 de maio o prazo para a presentación de ofertas para explotar os quioscos de praia este verán, sendo a tempada desde a resolución ao 30 de setembro, igual que o ano pasado. Os prezos tamén se manteñen, oscilando desde os 2.500 € de Area Fofa ou Madorra aos 24.000 € de Praia América. A convocatoria foi publicada onte no BOP. En total, o Concello oferta 7 quioscos de venda de xeados, refrescos e alimentos (2 en Patos, 1 en Area Fofa, 1 na Madorra, 1 en Panxón e 2 en Praia América) e un de venda de churros en Praia América.
Os interesados poden presentar as súas ofertas no Rexistro Xeral do Concello, estando as bases publicadas na sede electrónica da web municipal ou impresas na Oficina de Información Cidadá.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163