GALICIA
A Xunta traslada aos arquitectos técnicos as modificacións da Lei do solo
A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo participou nunha xornada informativa organizada polo Colexio de Arquitectos Técnicos de Pontevedra
A Xunta de Galicia trasladou aos arquitectos técnicos as últimas modificacións incluídas na Lei do solo sobre licenzas urbanísticas nunha xornada informativa organizada polo Colexio Oficial de Pontevedra deste colectivo na que participou a directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas.
Durante a súa intervención, a directora xeral incidiu na aposta pola simplificación administrativa que supuxo a substitución do réxime de licencia urbanística polo de comunicación previa para a primeira ocupación dos edificios. Polo tanto, transcorridos 15 días hábiles desde a presentación da comunicación previa con todos os requisitos esixidos xa se considera título habilitante para dar por cumprimento o trámite e xa non é necesario obter unha licencia urbanística expresa como acontecía con anterioridade.
A maiores, tamén co obxectivo de simplificar os procedementos administrativos, na Lei do solo regúlase agora a posibilidade de solicitar licencias ou comunicacións urbanísticas acompañadas de certificados emitidos por entidades de certificación de conformidade municipal (ECCOM).
Na xornada, Encarnación Rivas tamén subliñou as modificación realizadas co obxectivo de garantir a seguridade xurídica das actividades inmobiliarias e as modificacións no réxime de fóra de ordenación así como nas edificacións parcialmente incompatibles co planeamento urbanístico.
Así, no solo rústico permítese manter o uso preexistente dos inmobles, aínda que se trate de usos non axustados, e cambialo a calquera dos permitidos, así como obras de conservación, mantemento, reforma e rehabilitación sempre que non se amplíe a edificación.
Ademais, lembrou que no caso das edificacións tradicionais tanto no solo rústico como no solo de núcleo rural, entendendo por tales as existentes antes de 1975, permítese a súa rehabilitación e reconstrución, podendo destinarse a usos residenciais, terciarios ou produtivos, actividades turísticas ou artesanais e pequenos talleres e equipamentos.
Estas modificacións normativas teñen como obxectivo avanzar cara á recuperación do patrimonio construído, ao aproveitamento e a posta en valor das edificacións existentes e á protección da paisaxe ao evitar novas construcións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180