Martes, 11 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 26 de Abril de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Lorenzo presenta un equipo de 28 mulleres e homes que ofrece "experiencia e resultados"

O candidato dos populares aposta por manter o mesmo equipo e reforzalo con perfís de recoñecida solvencia de cara a conformar o novo goberno municipal

O candidato á Alcaldía do Porriño, Alejandro Lorenzo, desvelou hoxe a totalidade da lista que o acompañará de cara as eleccións do vindeiro 28 de maio.


Tras 15 meses de goberno, Lorenzo aposta por manter o mesmo equipo e reforzalo con perfís de recoñecida solvencia. “Unha candidatura que ofrece experiencia e resultados”, apuntou o candidato.


Así, as sete concelleiras e concelleiros que conforman o actual Goberno Municipal mantéñense en postos de saída. Como xa adiantamos, o avogado Carlos Martínez incorpórase como número dous da candidatura, seguido de Carolina González – Profesora no CEIP P. De Atios e actual concelleira de Educación, Igualdade, Sanidade, UNED e Proxectos Europeos-, Antía Carrera – Licenciada en Dereito e concelleira de Urbanismo, Medio Ambiente, Patrimonio, Atención Cidadá e Comercio- e Abel Estévez – Presidente do Club Balonmán Porriño e actual concelleiro de Deportes, Seguridade e Benestar social.


Lorenzo mantén tamén a  Ramón Porto – Empresario do sector do transporte e concelleriro de Vías e Obras-, Bienvenido Estévez –delineante proxectista , directivo da AC San Xurxo de Mosende, da AC de Pontellas e concelleiro de Cultura e Novas Tecnoloxías-,  José Carlos González –traballador da automoción e concelleiro de Parques e Xardíns- e Rosario Costas –orientadora laboral e concelleira de Emprego e Formación (número 6, 8, 9 e 10) e suma a Rosa Isabel Alonso –técnico contable e membro da directiva da ANPA do CEIP Cruz Budiño -e Marcos Martínez –traballador do sector da construción, membro da CM de Cans e directivo da AC Castelo de Cans-, nos postos 7 e 11 respectivamente. Continúa a lista Vanesa Ucha -veciña de Pontellas e operador turístico- e Antonio Barros –recoñecido artista veciño do barrio de Carracido e membro da directiva da AV As Mimosas.


“Síntome moi afortunado de contar cun equipo de mulleres e homes que traballan incesantemente polo seu pobo, que demostran cada día unha implicación absoluta co obxectivo que nos une: mellorar O Porriño e a vida da súa xente”, explicou candidato á reelección, “Un equipo capaz, ilusionado e con moitos proxectos a desenvolver nos próximos anos”.  


28 persoas compoñen a lista dos populares para este 28M con representación de todas as parroquias do municipio e tamén de todos os sectores. “Un equipo plural, diverso e no que todos os porriñeses e porriñesas se poden ver reflexados e ao que agradezo enormemente o entusiasmo co que traballan para mellorar O Porriño e a confianza que depositan en min para facelo”, concluíu Lorenzo.


A lista presentarase oficialmente mañá xoves, 27 de abril, nun acto que se celebrará a partir das 19:30 h no pavilllón municipal do Porriño e no que participará o presidente do PP de Galicia, Alfonso Rueda.

 

CANDIDATURA PP O PORRIÑO
Alejandro Lorenzo Alonso
Carlos M. Martínez Nogueira
Carolina González Costas
Antía Rosa Carrera Couselo
Abel Estévez Carrera
Ramón Porto Oya
Rosa Isabel Alonso Romero
Bienvenido Estévez Maceira
José Carlos González Fernández
 Ascensión Rosario Costas Táboas
Marcos Martínez Campos
Vanessa  Ucha Fernández
Antonio Barros Serodio
María Teresa Veloso Castaño
Bárbara María Troncoso Rodríguez
Ricardo Losada Varela
María Josefa Calvar Miniño
Miguel Ángel Martínez Martínez
Sergio Bugarín Morais
Leticia Pereira Guiadanes
André Vázquez Ribeiro
Suplentes:
Serafín Rodríguez Fernández
Soraya Pérez Rodríguez
Iker Otero Táboas
Pedro Besada Alfaro
Aida Oya Lorenzo
Noelia Castro Rial
Andrés Vieitez Iglesias

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.