BAIONA
Rueda: "non hai ninguén mellor que Almuiña para abrir a porta do cambio"
Almuiña amosou a súa aspiración de acadar un “Concello aberto aos veciños” e unha aposta clara por “un urbanismo ao servizo da cidadanía” mediante a creación de novas vivendas e a rehabilitación das existentes, especialmente para as familias mozas
O presidente do PPdeG asegurou que non hai ninguén mellor que Jesús Vázquez Almuiña e o seu equipo para recuperar a vontade da maioría dos veciños en Baiona, poñendo en valor a estabilidade, a solvencia e a vontade de servizo público que caracteriza a candidatura do PP neste concello
Rueda quixo poñer en valor o balance xestor do candidato, cualificándoo como un dos políticos en activo con máis traxectoria en Galicia e destacando que, aínda podendo renunciar a asumir novos retos, preferiu escoller Baiona para que a vila recupere o tempo perdido
Remarcou que a candidatura de Almuiña é a gran alternativa, xa que ofrece experiencia fronte á improvisación, progreso fronte ao atraso e a política útil fronte á política estéril
Nesta liña definiu ao PP como un partido que se dedica unicamente aos seus concellos e aos seus veciños fronte a un PSOE que só funciona co único propósito de salvar a cadeira a Pedro Sánchez na Moncloa e un BNG que vive das críticas e do non permanente a todo
Amosouse así convencido de que "hai unha gran maioría que cre que a España lle iría moito mellor cun Goberno como o de Galicia, que se debe aos galegos e que constitúe o mellor exemplo de que se pode gobernar con sentido de Estado"
Un exemplo, asegurou, de que pode haber unión en lugar de multipartitos, de que se está para resolver problemas e non para crealos, e de que os compromisos non valen de nada se non se cumpren
O líder dos populares galegos afirmou que "en Baiona tamén goberna o sanchismo" e que nesta vila non votar polo PP tamén equivale a avalar pactos de perdedores: “Non votar polo PP equivale a facer que a opinión da maioría non importe”
De aí que concluíse que Baiona ten nas súas mans a chave "para abrirlle a porta ao cambio na vila para reactivar proxectos suspendidos, para volver facer do Concello unha institución ao servizo dos seus veciños"
ALMUIÑA: “QUERO UN CONCELLO ABERTO AOS VECIÑOS”
O candidato quixo expresar o seu agradecemento aos actuais concelleiros “especialmente ao voceiro Ángel Rodal” e ao seu novo equipo, ao que definiu como “un grupo valente, xeneroso e cunha vocación clara de servizo público para atender as necesidades dos veciños”
Almuiña destacou como liñas básicas do seu programa a estratexia da economía azul sostible, a potenciación do turismo, a pesca e o marisqueo, o comercio, a hostalaría e o emprego de calidade; así como a mellora de infraestruturas básicas: educativas, deportivas, humanizacións...
O cabeza de lista do PP de Baiona amosou a súa aspiración de acadar un “Concello aberto aos veciños” e unha aposta clara por “un urbanismo ao servizo da cidadanía” mediante a creación de novas vivendas e a rehabilitación das existentes, especialmente para as familias mozas
Reivindicando o seu lema de campaña (Con Almuiña, Baiona en boas mans), Almuiña asegurou que o PP é única alternativa fronte outras opcións que supoñen manter no goberno ao partido que xestionaron do peor xeito este concello nos últimos catro anos
CANDIDATURA DO PP DE BAIONA
- JESÚS VÁZQUEZ ALMUIÑA
- POLICARPO VILAR MISA
- JOSE ÁNGEL BAHAMONDE RODRÍGUEZ
- RUTH ÁLVAREZ GONZÁLEZ
- ANA MARÍA IGLESIAS RODRÍGUEZ
- GONZALO PÉREZ BARREIRO
- SHEILA MARÍA GONZÁLEZ MARTÍNS
- NURIA LEYENDA GÓMEZ
- JOSE MANUEL RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ
- JOAQUÍN LÓPEZ GOCE
- DAVID GONZÁLEZ MISA
- CARLA GÓMEZ DOMÍNGUEZ
- AUGUSTO MÉNDEZ CHAMORRO
- MÓNICA DOCABO MARTÍNEZ
- FLORA CABRAL CARBALLO
- BRAIS GARCÍA DACUÑA
- MARÍA LUISA MARTÍNEZ ÁLVAREZ
- JOSÉ RODRÍGUEZ TRIGO
- CARLA BUJÁN DACUÑA
- MARIA ELENA RIBEIRO FREIRE
- FERNANDO VALVERDE CHAMORRO
- MARÍA JESÚS MARTÍNS PASSOS

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217