Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 18:19:43 horas

Xornal21.es
Sábado, 29 de Abril de 2023 Tiempo de lectura:
NIGRAN

Juan González mestura o seu núcleo de goberno con tres caras novas

"Estes anos de bagaxe deixan clara unha forma de xestionar próxima, accesible e amable: poñemos o corazón en todo o que facemos. Seguiremos sendo un goberno atento, formado por veciños comprometidos socialmente, cos pés na terra, e que atenden fielmente as necesidades dos seus concidadáns", sinala Juan González, alcalde socialista de Nigrán

O alcalde socialista de Nigrán e candidato ás municipais, Juan González, aposta novamente na súa lista polo seu núcleo de goberno e tamén por tres caras novas para concurrir ás eleccións do 28 de maio co obxectivo de culminar proxectos en marcha e emprender novos retos. Así, incorpora no número 4 a Sara Penedo Vázquez (veciña de Panxón de 27 anos e licenciada en Ciencias do Deporte), no 5 a Estela Pérez Pérez (licenciada en Maxisterio e quen xa fora concelleira nos anos 2007-2010) e no 7 a Roberto Garrido Pereira (veciño de Nigrán de 34 anos licenciado en Historia). “Mantemos o núcleo de goberno co relevo natural que se pode producir despois de 8 anos de goberno, por iso incorporamos a tres persoas mozas, con solvencia académica e persoal e que, en definitiva, cremos que teñen moito que aportar a Nigrán”, sinala o rexedor.

 

"Somos conscientes de que quedan moitas cousas por facer en cada parroquia e estamos desexando levalas adiante. Temos un proxecto en marcha desde 2015 que non se pode parar. Estes anos de bagaxe deixan clara unha forma de xestionar próxima, accesible e amable: poñemos o corazón en todo o que facemos. Seguiremos sendo un goberno atento, formado por veciños comprometidos socialmente, cos pés na terra, e que atenden fielmente as necesidades dos seus concidadáns", sinala González, quen manifesta “a mesma ilusión e as mesmas ganas”. "Atrás quedan dous mandatos de intensos cambios en Nigrán. No 2015 iniciamos en minoría proxectos que con esforzo e paixón fomos quen de levar adiante e xa desde o 2019, con amplia maioría, fomos acadando outros logros e, ao mesmo tempo, establecendo novos retos ilusionantes que están a piques de florecer."

“A miña vida é Nigrán, é onde traballo, onde socializo, onde fago deporte, onde paseo, onde compro... todo o mundo me coñece como veciño antes de como alcalde, e por iso insisto sempre en que eu non quero gobernar para a maioría, eu quero gobernar para todos e todas, sen excluír nunca a ninguén. O meu compromiso e a miña ilusión por seguir avanzando é absoluto”, remata.

 

Así, nesta lista que concorre as elección do 28 de maio repiten Rubén Rial Sánchez, actual concelleiro de Vías, Obras, Limpeza, Servizos Urbanos e Seguridade; Diego García Moreira, actual concelleiro de Urbanismo, Medio Ambiente e Persoal; estrease no número 4 Sara Penedo Vázquez (veciña de Panxón de 27 anos e licenciada en Ciencias do Deporte) e tamén no número 5 a veciña de Chandebrito Estela Pérez Pérez (licenciada en Maxisterio e quen xa fora concelleira nos anos 2007-2010); xa no número 6 sitúase Bibiana Peixoto, actual concelleira de Servizos Sociais; seguida no 7 de outra cara nova, Roberto Garrido Pereira (veciño de Nigrán de 34 anos licenciado en Historia) e a continuación os actuais concelleiros Cristina Dosil, Patricia Diego, Alfonso Vázquez, María Mayán, Ladislao e Mari Luz Pérez Vidal. Pechan a candidatura Aurea Brión, Alfonso Suárez, Luis Sanromán e Marina Vida (actuais concelleiros de Deportes e Educación, respectivamente), Joaquina Barros (secretaria de Alcaldía), Luciano Iglesias e José Rodríguez Fernández.

 

CANDIDATURA SOCIALISTA
1. Juan A. González Pérez. Alcalde de Nigrán.
2. Rubén Rial Sánchez. Teniente de Alcalde. Concelleiro de Vías
3.Diego García Moreira. Concelleiro de Urbanismo, Mobilidade, Medio Ambiente, Réxime Interior e Persoal.
4. Sara Penedo Vázquez. Panxón. Licenciada en Ciencias do Deporte.
5. Estela Pérez Pérez. Chandebrito. Licenciada en Maxisterio.
6. Bibiana Peixoto Iglesias. Concelleira de Servizos Sociais.
7. Roberto Garrido Pereira. Nigrán. Licenciado en Historia.
8. Cristina Dosil Valverde. Concelleira de Turismo, Xuventude e Participación Cidadá.
9. Patricia Diego Travieso. Concelleira de Igualdade, Voluntariado e Comercio.
10. Alfonso Vázquez Pérez. Concelleiro de Sanidade, Abastos, Mercados, Turismo Social e Festexos Populares.
11. María Esperanza Mayán Areal. Concelleira de Terceira Idade.
12. Ladislao Alonso Valverde. Concelleiro de Relacións Veciñais, Medio Rural e Actividades Marítimas.
13. Mariluz Pérez. Concelleira
14. Aurea Brión Toucedo. Panxón. Xubilada.
15. Alfonso Suárez Gameiro. San Pedro. Xubilado.
16. Luis Sanromán Román. Concelleiro de Deportes
17. Marina Vidal Lorenzo. Concelleira de Educación.
18. Joaquina Barros Sanromán. Secretaria de Alcaldía.
19. Luciano Iglesias Costas. Chandebrito. Xubilado.
20. José Rodríguez Fernández . Nigrán. Xubilado.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.