Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 18:19:43 horas

Xornal21.es
Lunes, 01 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
NIGRAN

O Instituto Escolas Proval representará a Galicia no certame espacial Cansat

O secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, Manuel Vila, asiste á entrega de premios

O instituto Escolas Proval de Nigrán representará a Galicia na fase nacional de CanSat, a competición promovida pola Axencia Espacial Europea que reta a alumnado de Secundaria a realizar unha unha simulación dun satélite desde a súa concepción ata o lanzamento ao espazo e posterior recollida de datos.


Así, o proxecto SetiSAT deste centro acadou o premio Mellor CanSat Galicia 2023 na entrega de premios que acolleu a semana pasada a Cidade da Cultura coa asistencia do secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, Manuel Vila. Esta cita, que se leva a cabo despois de que os equipos recreasen as fases dun proxecto espacial real no Aeródromo de Rozas o pasado luns, pon o punto final á fase autonómica celebrada co apoio da Xunta de Galicia e na que se inscribiron unha trintena de equipos.


Recoñecemento a todos os equipos
Ademais do traballo do instituto Escolas Proval, o xurado composto por profesionais da Xunta de Galicia, o profesor da Universidade da Coruña Manuel F. Herrador e o profesor da Universidade de Vigo, Enrique Costa Montenegro, tamén recoñeceron os nove proxectos que conseguiron chegar á fase de lanzamento tras entregar o informe crítico de deseño. Así, completan a lista de premiados os institutos de Breamo (Pontedeume) e Eduardo Pondal (Ponteceso) e os colexios Las Acacias-Montecastelo (Vigo) e Compañía de María da Coruña.
Un CanSat é unha simulación satélite integrada dentro dunha lata de refrescos. O desafío para o alumnado consiste en introducir nun espazo reducido os principais elementos dun satélite real, como a alimentación eléctrica, os sensores e o sistema de comunicacións.

 

A continuación lánzase o CanSat a unha altura aproximada dun quilómetro e déixase caer desde unha plataforma mediante un dron, un globo cautivo, un cohete ou calquera outro método. O experimento científico consiste en lograr unha aterrizaxe sen danos e a análise dos datos durante o descenso.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.