Jueves, 06 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 30 de Abril de 2023 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Luis López chama á mobilización para apostar polo cambio en Salceda

● Santiago Rodríguez Davila sinala que “queremos e necesitamos unha Salceda na que a prioridade sexan os veciños e non as nóminas dos concelleiros, sen confrontación, con servizos”.

Advirte que “a subida da urbana é só o principio do que PSOE e MS nos teñen preparado”.

O presidente provincial do Partido Popular, Luis López, puxo en valor que Santiago Rodríguez Davila conta “co mellor equipo e co mellor proxecto” para concorrer ás eleccións municipais de maio, unha cita electoral que, engadiu, é fundamental “porque o que está en xogo é o desenvolvemento e crecemento de Salceda de Caselas”.

 

[Img #81740]

 

Foi durante a presentación da candidatura, na que tamén participou Román Rodríguez, responsable de Cultura e Educación do Goberno galego. Unha candidatura de mulleres e homes que, destacou, “teñen moita ilusión, teñen experiencia, están preparados e completamente comprometidos para traballar por este concello e polos seus veciños”. Ademais, recordou que en 2019 só un puñado de votos “e o pacto á porta do Auditorio” impediron que Santiago e o PP gobernasen Salceda a pesar de gañar as eleccións. Por iso chamou á mobilización “para apostar con contundencia polo cambio que necesita Salceda de Caselas e que só pode garantir o Partido Popular. Non podemos quedar ás portas como hai catro anos, un só voto será determinante para o futuro deste concello. O PP ofrece en Salceda de Caselas  un proxecto de maioría, un proxecto sólido e de futuro”.

 

“Quen queira un Salceda de Caselas máis forte ten a súa casa no Partido Popular. Aquí non sobra ninguén: todos xogamos un papel, todos somos importantes e todos estamos chamados a sumar para mellorar os resultados no concello”, concluíu.

 

Pola súa banda, o candidato á alcaldía destacou a valentía de todos os membros do seu equipo, “tanto dos que acaban de sumarse, por dar un paso adiante, como para aqueles que levan acompañándome desde o principio polo seu tempo, constancia e empeño en traballar por unha Salceda mellor”.

 

Davila describiu a súa candidatura como “a mellor para os veciños de Salceda”, porque conta con todos os ingredientes para gañar as eleccións do próximo 28 de maio e para sacar ao concello da ruína económica e moral á que os levou o goberno PSOE-Movemento Salceda. “Temos ilusión, experiencia, gañas e ansiamos un cambio de rumbo no futuro de Salceda que debe chegar xa”, manifestou, porque, do contrario, “a subida da urbana será só o principio do que PSOE e MS nos teñen preparado a todos os veciños”, advertiu, en relación ás consecuencias económicas que suporán seguir mantendo no concello ao actual Goberno bipartito que “cobra relixiosamente todos os meses, pero non paga as facturas ás empresas do pobo. Queremos e necesitamos unha Salceda na que a prioridade sexan os veciños e non as nóminas dos concelleiros, sen confrontación, con servizos, que teña unha atención sanitaria adecuada para as familias”. E isto, engadiu “só se consegue cun goberno unido e implicado co núcleo urbano de Salceda e tamén coas parroquias”.

 

Rodríguez Davila deixou claro que un dos alicerces fundamentais do seu programa electoral e do seu futuro goberno será o da economía, pero tamén avanzou que as infraestruturas que melloren as conexións entre o centro e as parroquias ocuparán unha parte importante da súa política, sen esquecer ás familias. “Salceda é un municipio novo, con familias que necesitan que lles axudemos no seu día a día, que lle facilitemos a conciliación, e debemos facelo, por iso unha das primeiras iniciativas que levaremos a cabo nada máis entrar ao goberno será xestionar a construción da nova escola infantil A Galiña Azul de Parderrubias”, avanzou Davila.


CANDIDATURA DO PP DE SALCEDA DE CASELAS

 

  1. SANTIAGO RODRÍGUEZ DAVILA
  2. JOAQUÍN NÚÑEZ TRONCOSO
  3. ANA CRISTINA PÉREZ CABALEIRO
  4. JOSÉ LUIS FERNÁNDEZ PÉREZ
  5. VANESSA ROCHA NÚÑEZ
  6. MANUEL GONZÁLEZ RODRÍGUEZ
  7. PABLO CABALLERO PEREIRA
  8. JOSÉ ANTONIO SANJUAN RAMALLO
  9. NOELIA PÉREZ DOMÍNGUEZ
  10. MARÍA ANDREA FERNÁNDEZ CARRERA
  11. ÁNGELA VALCÁRCEL BERNÁRDEZ
  12. JAIME RODRÍGUEZ GARRIDO
  13. MÓNICA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ

 

SUPLENTES:

  1. IVÁN LORENZO RODRÍGUEZ
  2. REBECA MADARNAS REQUEJO
  3. RUBÉN NÉSTOR RODRÍGUEZ GONZÁLEZ
  4. MANUEL GONZÁLEZ LORENZO
  5. EVA MÉNDEZ GONZÁLEZ
  6. VICTORIA MÉNDEZ TRABAL
  7. PRIMITIVO GONZÁLEZ SOUTO
  8. JOSÉ LUIS PÉREZ   BERNÁRDEZ
  9. MIRIAN GONZÁLEZ RODRÍGUEZ
  10. CARLOS HENRIQUE NÚÑEZ LORENZO

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.