Jueves, 01 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 02 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
BAIONA

Carlos Gómez Prado garante “lealdade con Baiona”

A candidatura combina “experiencia de xestión e caras novas”, representando a toda Baiona “para continuar coa transformación que puxemos en marcha este mandato”

Os socialistas de Baiona presentaron a súa candidatura para as eleccións municipais do 28 de maio, nun acto aberto aos veciños e veciñas da vila celebrado na Virxe da Rocha.

 

O acto, nun ambiente festivo e moi participativo, contou coa presenza da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e doutros cargos provinciais e autonómicos do partido.

 

Na súa intervención, o alcalde e candidato á reelección, Carlos Gómez Prado, anunciou a boa nova de que “Baiona recibirá 2,1 millóns de euros para revitalizar o noso casco vello, que se unen aos outros 2,1 millóns que obtivemos o ano pasado para a humanización da contorna de Santa Liberata; máis de catro millóns de euros para esa zona de vila”.

 

Gómez Prado lamentou “o voto en contra por parte da Xunta de Galicia e o PP, que non queren agora mesmo investimentos para Baiona, eles deberán explicar o motivo”. O concello obtivo os fondos para este proxecto municipal grazas aos votos a favor do Ministerio de Industria e a Fegamp.

 

Con respecto a este tema, Carmela Silva destacou “a cantidade de millóns de euros de fondos europeos que obtivo neste mandato o alcalde de Baiona; non é nada fácil conseguilos, se chegan é porque os proxectos presentados polo concello son moi bos”.

 

 

Lealdade

Carlos Gómez Prado garantiu “catro anos máis de traballo e lealdade” para continuar “coa transformación que puxemos en marcha”, lembrando “as cifras de ocupación turísticas, a reactivación do sector servizos ou o incremento das partidas para servizos sociais e a Axuda no Fogar”.

 

A candidatura combina experiencia e renovación, con presenza de todas as parroquias e do conxunto do tecido social. O número dous da candidatura é Óscar Martínez, e os números 3 e 4 son Andrea Pérez e Diego Álvarez, que tamén interviron no acto de onte adiantando que “a mocidade terá moito que dicir en Baiona os próximos catro anos”.


CANDIDATURA COMPLETA DOS SOCIALISTAS DE BAIONA

1- Carlos Gómez Prado

2. Óscar Martínez Álvarez

3. Andrea Pérez Domínguez

4. Diego Álvarez Silva

5. María Rosa Domínguez

6. Paula Barbará Pousa

7. Pablo Castro da Rocha

8. Purificación Esperanza Caetano Dacuña

9. José Miguel Sotelo Ulbeira

10. María Mosquera Gómez

11. Samuel Benítez Pereira

12. Concepción Vara Rodríguez

13. Álex Hidalgo Iglesias

14. Sabela Cedeira Vázquez

15. José Ángel Rodríguez Fernández

16. Virginia Santos Cabrera

17. José Paulino Rodríguez Fernández

Suplentes

1. Emilia Giráldez Ramírez

2. Rafael Lores Rosal

3. Mª Concepción Vilar Carneiro

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.