Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 04 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
OIA

A unidade móbil de “Coidados porta a porta” visitará Oia o 25, 26 e 29 de maio

A unidade móbil do programa “Coidados porta a porta” da Xunta de Galicia visitará Oia nas próximas semanas para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación de memoria. O vehículo situarase diante do campo de fútbol de Santa María de Oia os días 25, 26 e 29 deste mes.

 

O servizo é gratuíto e funciona con cita previa, que se pode solicitar chamando aos teléfonos 622.748.283/623.546.992 ou ben a través do correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal. A inscrición tamén pode facerse na Concellería de Política Social, coa concelleira Carmen María Estévez, ou chamando ao Concello ao número 986.36.21.25.

 

O programa “Coidados porta a porta” achega servizos asistenciais a maiores que viven no rural co obxectivo de previr a dependencia. Inclúe tres tipos diferentes de servizos: podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria. Cada sesión concertada pode ter unha duración de ata 45 minutos. Segundo a especializade, as actuacións serán as seguintes:

  • Servizo de podoloxía con consulta básica, onde se fará unha valoración do estado xeral do pé, un corte e limpeza de unllas e se procederá a eliminación de durezas, calos e helomas.
  • Servizo de audioloxía, no que se fará unha valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
  • Servizo de estimulación da memoria, cun profesional que realizará una valoración cognitiva e proporcionará pautas para previr e minorar posibles deterioros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.119

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.